Degustación de carne de potro

A rapa das bestas de Candaoso, nos montes de Boimente (viveiro) ofrecerá este ano unha degustación gratuíta de carne de potro, un producto que en países como Francia acada un aprecio e un prezo superior ao do vacún, e que en Galicia, en prácticamente en toda España, goza de pouca estima por parte dos consumidores. Peor para eles.

Candaoso ven unirse á veciña Muras, onde cada ano se dedica unha festa á degustación desta carne, a pesar do cal o consumo da mesma é moi escaso en Galicia, que pola contra ten condicións para ser un gran productor da mesma.Do potro sácanse pezas destinadas a bistés e costeletas para fritir ou asar, costelas para o churrasco e pezas para guisar. A min gústame especialmente a carne de potro guisada cun adobo de allo e sal, dourada en aceite de oliva, no que tamén se douran unhas cebolas xunto coa carne, co engadido de algo de viño branco e, se cadra, unhas frebas de azafrán. O guiso lembra a carne de caza, especialmente cando se trata de carne de potros criados en libertade nos montes galegos.

A carne de potro é a máis tenra de cantas carnes se destinan ao consumo humano, a mellor fonte de ferro (excepción feita do fígado e outros despoxos), con menor contido en graxa que o vacún. Unha delicia que en Galicia nos resistimos a aceptar plenamente.

Unha advertencia: o cabalo, coma o porco, pode trasnmitir a triquinose, polo que resulta imprescindible mercar carne que ofreza tódalas garantías sanitarias e non consumir nunca esta carne crúa ou pouco cociñada.

+ A exquisita cecina de cabalo

Un comentario sobre “Degustación de carne de potro

  • el 21 de abril de 2007 a las 10:55 10Sat, 21 Apr 2007 10:55:01 +000001.
    Permalink

    quiero comprar carne de potro para vender en mi carniceria,busco informacion de comerciales.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *