Arequipe

De neno os tofes eran os caramelos que mais me gustaban, xunto con uns pequerrechiños de nata, que eran moi saborosos. O bar de Mogo, en Ferreira do Valadouro, era o mellor sitio para mercalos, xa que tiña un amplo surtido de lambetadas.

Co tempo aprendín que os tofes eran fundamentalmente leite e azucre cocidos, e que a mesma preparación aparecía o mesmo en Inglaterra que na América central e do sur.O leite cocido con azucre durante un longo tempo, ata que espesa e colle unha bonita cor tostada, chamase dulce de leche en Arxentina, cajeta en Mexico e arequipe en Colombia, por poñer algún exemplo.

Onte comín figos en xarope con arequipe, feitos na casa pola miña muller, que chegou a España dende o barrio bogotano do Quiroga hai xa dúas décadas.

O arequipe pódese comer tal como sae do bote. Collese cunha culler e lambese aos poucos. Con queixo tamén esta moi bou, ou estendido sobre as obleas que venden algunhas tendas galegas e que eu teño por salmantinas.

Polo que respecta a elaboración do doce, as receitas ortodoxas falan de longas horas de cocción do leite con azucre e canela, a lume lento e sen deixar de remexer para que non pegue. Pero hai un sistema moito mais rápido e sinxelo: collese un bote de auga condensado e, pechado como ben da tenda, metese nunha ola a presión, cóbrese con auga, tapase a ola e cocese preto dunha hora. E xa esta listo o arequipe.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *