Máis libros

Acabo de comezar a lectura de “Delirios gastronómicos”, o último libro do lucense residente en Asturias José Manuel Vilavella, gañador este ano do premio de xornalismo gastronómico Álvaro Cunqueiro. Un traballo interesante e divertido, no que o autor da conta dalgunhas das súas experiencias gastronómicas.

Cando remate con Vilavella (nas vacacións da Semana Santa viaxo e non haberá tempo para a lectura) comezarei con “Sabor a Cuba”, de René Vázquez Díaz, do que non sei nada, pero polo que puiden ler no xornal promete unha exaltación da cociña tradicional fronte ó que o autor cualifica de “bobería gastronómica internacional al alcance de los pudientes”Volveremos sobre ambos libros.

Máis sobre libros
Outra sobre libros

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *