Torta de millo con paté

Regresaba de Barcelona a Santiago de Compostela nun vo de Iberia hai preto de dous anos, cando xunto coa cervexa que pedín a azafata me ofreceu un pequeno bocadiño asépticamente presentado nunha caixiña de plástico.

Acepteino pensando que se trataba do tradicional e insípido bocadillo de xamón cocido das liás aéreas, pero levei a sorpresa de que era unha rebanda de pan de millo, lixeiramente doce, cuberta cunha pequena capa de paté. Probei aquela novidade e de novo chegou a sorpresa: excelente a mestura do sabor doce do pan de millo co salgado do paté.Dende entón, cada vez que paso por Guitiriz merco unha torta de millo típica desta vila luguesa, e chegado á casa poño paté en rebandas delgadas da mesma. Resulta un canapé estupendo que sorprende a todo o mundo.

Sigo pensando se aquel pan de millo do avión non sería, tamén, torta de Guitiriz.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *