As flores comestibles e Cunqueiro

Moito están agora de moda as flores na cociña, especialmente nos restaurantes máis modernos e creativos. Nos mercados galegos as flores comestibles aínda teñen unha presenza ben reducida, pero en grandes mercados, como Madrid, logo non hai froitería que non as ofreza.

Hai xa ben anos dediquei moitas horas a coleccionar receitas de todo o mundo nas que un ingrediente, principal ou secundario, eran as flores. Xunte arredor de 150 e tentei publicar un receitario, cousa que me foi imposible. Ante o fracaso abandonei o proxecto e agora non sei onde está aquel material nin se algún día serie capaz de recuperalo. Pode que hoxe si fora posible a súa publicación.O caso é que, relendo a Álvaro Cunqueiro, atópome con que xa el falou do uso das flores como comestible hai máis de corenta anos. En 1962 Cunqueiro publicaba “Se o vello Sinbad volvese ás illas”. Na páxina 55 deste libro (eu teño a terceira edición, publicada por Galaxia en 1985) podemos ler o que segue:
“Cociña Sinbad pra sí, e cando arriba á tertulia bótalle o alento a Mansur ou a Ruz o Mouro, e pergúntalles si adiviñan, e os outros cantas repostas, e Sinbad déixalles que acerten unha que outra pra que non perdan o gusto do xogo, pro as máis das veces non poden atinar, que o noso amigo trae o almorzo de mui lonxe, con fuciño de elefante mechado, ou sopa de neve con marzoa de pavo, ou allos recheos de sangue de pichón, ou un revolto de ovos con caraveles…”.

Semella que tódolos pratos que Cunqueiro atribúe a Sinbad son froito do maxín do mindoniense, pero coa a última receita estaba adiantándose ó noso tempo.

4 comentarios sobre “As flores comestibles e Cunqueiro

  • el 07 de mayo de 2007 a las 21:03 09Mon, 07 May 2007 21:03:50 +000050.
    Permalink

    Estou a busca de persoa que me podan dar informacion sobre una planta comestible que timos aqui en Galicia meu avo chamaballe poutigas, e encontrabas no monte,son como uns pistilos grandes cheos de una mel incolora e con un sabor neutro, gustariame que me deran o seu nome original. Eu cominas pero non sei atopalas no monte y gustariame saber algo mais de estas plantas comestibles.Gracias.

    Respuesta
  • el 14 de septiembre de 2007 a las 11:56 11Fri, 14 Sep 2007 11:56:50 +000050.
    Permalink

    lo unico k se de esa planta es k nace debajo de las “carquiexas”, aah y que solo se encuentran en montes muy altos.
    podria aberiguarte mas xk mi padre habla mucho de ellas.
    si kieres mas informacion mandame un correo electronico.
    besos

    Respuesta
  • el 04 de junio de 2013 a las 13:49 01Tue, 04 Jun 2013 13:49:58 +000058.
    Permalink

    Eu son de Ourense, da zona de Gustei e me lembro de pequena de comer poútigas polo mes de maio ou xuño, cando ibamos ós montes darredor da miña aldea buscabámolas entre os chagazos, que é unha planta que bota frores azuis ( a podes atopar en internet escribindo “chagazos azuis”). Estaría ben recuperar a tradición de ir ás poútigas o mesmo que coñecer cómo atopar regaliz no monte e masticalo natural como se facía antigamente.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *