Os bos libros

Están as librerías cheas de receitarios de cociña, que ó parecer se venden moi ben, polo que algúns editores non dubidan en papel ó mercado que non é máis ca iso: papel. Non digamos xa os xornais, que con tal de vender exemplares regalan ou venden a baixo prezo calquera cousa que pensen pode chamar a atención que quenes, habitualmente, non compran o xornal.

Ós editores de prensa tanto lles ten que o interese do comprador estea na prancha de vapor que lle regalan coleccionado cupóns durante unha tempada. Ata saben que moitos destes compradores recortan o cupón e tiran o xornal sen mirar para el. Non importa, o que serve é que se incrementan as vendas de xornais, a tirada, a difusión, os datos da OJD ou da EGM e, polo tanto, os argumentos comerciais para vender publicidade, que é do que viven os editores, xunto coas axudas públicas.Así que as coleccións de receitas, en forma de fascículos ou de libros, repítense nos xornais españois. A meirande parte destas coleccións son mercadas polos xornais a editoriais que non teñen moito reparo en facer negocio a conta de copiar receitas uns de outros ou publicar traducións verdadeiramente lamentables. Poucas veces hai material digno de mención nestas coleccións, e por iso sorprenden os libriños sobre a cociña de diversos países que comezou a publicar El País, ó prezo de 1,5 euros.

Nótase que detrás dos mesmos está Ignacio Medina, con décadas de xornalismo gastronómico ás súas costas, e nótase que os libriños teñen detrás moitas horas de traballo, experiencia e documentación. En definitiva, unha colección moi recomendable.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *