¿Escríbese pouco en Galicia sobre gastronomía?

Semella que pouco se escribe en Galicia sobre gastronomía. Escribía antonte sobre o fallo dos premios de xornalismo gastronómico de Lalín para este ano e o mesmo día pola tarde xa se coñecín os gañadores.

Das once edicións que van o premio gordo, é dicir, o de máis dotación económica, so en tres ocasión recaeu en artigos publicados en publicacións galegas. Foron os afortunados, por orde cronolóxico, Ramón Baltar, Xosé Martínez Couselo e Fernando Ónega. Os medios en que publicaron foron, pola mesma orde, Andares Gozosos, El Correo Gallego e El Progreso.
Este ano, unha vez máis o premio marcha fóra de Galicia, cara Asturias, anque o premiado sexa galego pero residindo e traballando na comunidade veciña hai catro décadas.
Peor aínda está o panorama en materia de radio e televisión, xa que a radio e televisión autonómicas galegas copan tódolos premios, excepto o de hai dous anos, que caeu en Canal Cocina, anque a premiada sexa filla do autor dalgúns dos mellores libros sobre a gastronomía galega, o tamén galego, Jorge Víctor Sueiro. Tamén houbo un premio para Radio Nacional de España.
Moito mellor está a categoría de libros e publicacións sobre gastronomía, na que catro dos cinco premios concedidos foron para obras de galegos publicadas en Galicia. Un dos gañadores deste ano na categoría de libros, Fausto Galdo, será a primeira persoa que recibe dúas veces o premio, que xa gañara na sexta edición coa sección que publica en El Ideal Gallego.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *