Catorce locales premiados por Santiago(é)tapas en cinco edicionesCatorce locais premiados por Santiago(é)tapas en cinco edicións

[lang_gl]Rematou o Santiago(é)tapas 2012 coa entrega de galardóns aos premiados correspondendo o primeiro premio ao Ravioli de boi de mar de A Tafona. O segundo premio foi para o Fish Coffee de O Curro da Parra e o terceiro para as Fabas de Lourenzá con cogomelos e algas de Acio.

Pola súa parte o público premiou a Crema callada de castañas con bombón de mirabeles, licor café e mandarinas do Puerta del Camino. Tamén concedeu o premio “(e)xcelente 12” a El Olivo.

O xurado estivo composto por dezanove membros: cociñeiros, profesores de escolas de cociña, xornalistas, patrocinadores, etc. destacando a presenza no xurado da final dos cociñeiros Pepe Solla, Flavio Morganti, Marco Varela e Alfonso Pendás, así como a directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia e o director da escola de Lamas de Abade. Cabe salientar que once dos membros do xurado non participaran nunca antes no mesmo.

Despois de cinco edicións o palmarés do Santiago(é)tapas resulta salientable e nel teñen presenza un importante número de locais compostelanos, tanto de cociña tradicional como de autor ou creativa.

A primeira edición, celebrada en 2008 tivo os seguintes gañadores:

Premio do xurado: Sardiña de San Xoán (Acio), Cefalopodoespetada con alioli da súa tinta (Garum), Semáforo de verduriñas frías (Madam Ragú), Berberechos con patacas panadeira e cebola (Mesón de Lázaro), Arroz de Verín (Casal do Cabildo). Premio do público: Solombo de porco con cebola caramelada (Bokados Tapería).

En 2009 A Tafona ocupou a primeira posición dun cadro composto polos seguintes premios outorgados polo xurado: Papada de porco, cigaliña e limón (A Tafona), Empanada de polbo seco á chama (Ácio), Filloa O Catro (O Catro), Cubo crocante de atún con marmelada de tomate avainillado (Garum), Brocheta de luriñas con maionesa verde de algas e po de nori, (Taperia Castelao). Premios do público: Bacallau maravillau (Madam Ragú).  O premio “(e)xcelente 09″ concedido polo público foi para Madam Tagú

En 2010 o gañador foi o Calderón, compoñéndose así o cadro de premiados polo xurado: Xurelo afumado (Calderón), Queixo con marmelo (A Tafona), Mexilón con casca (Acio), Premio do público: Hamburguesa de xouba (Tapería Castelao.

En 2011 acadou o primeiro premio O Curro da Parra, cos seguintes premios do xurado: Bloody Mary made in Galicia (O Curro da Parra), Salpicón de pulpo, (Acio), Pescada sobre emulsión de chícharos, ceboliñas ao tomiño limoeiro e pataca confeitada. (Hotel Puerta del Camino). Bocado doce de vieira (Garum). Premio do público: Torrada con xeado de crema de augardente (A Tafona). O premio “(e)xcelente”, outorgado polo público, foi para Abastos 2.0.

En total catorce locais diferentes premiados en cinco edicións do concurso.

Polo que respecta ao xurado, nas cinco edicións pasaron polo mesmo 51 persoas diferentes.

Malia estes datos, hai quen anda difundindo o rumor de que o xurado sempre é o mesmo e que sempre gañan os mesmos locais. ¿Indocumentados ou malintencionados?. Pode que ambas cousas[/lang_gl][lang_es]Terminó el Santiago(é)tapas 2012 con la entrega de galardones a los premiados correspondiendo el primer premio al Ravioli de buey de mar de A Tafona. El segundo premio fue para el Fish Coffee del Curro de la Parra y el tercero para las Fabas de Lourenzá con setas y algas de Acio.

Por su parte el público premió la Crema cuajada de castañas con bombón de mirabeles, licor café y mandarinas del Puerta del Camino. También concedió el premio “(e)xcelente 12” a El Olivo.

El jurado estuvo compuesto por diecinueve miembros: cocineros, profesores de escuelas de cocina, periodistas, patrocinadores, etc. destacando la presencia en el jurado de la final de los cocineros Pepe Solla, Flavio Morganti, Marco Varela y Alfonso Pendás, así como la directora del Centro Superior de Hostelería de Galicia y el director de la escuela de Lamas de Abad. Cabe destacar que once de los miembros del jurado no habían participado nunca antes en el mismo.

Después de cinco ediciones el palmarés del Santiago(é)tapas resulta destacable y en él tienen presencia un importante número de locales compostelanos, tanto de cocina tradicional como de autor o creativa.

La primera edición, celebrada en 2008 tuvo los siguientes ganadores:

Premio del jurado: Sardina de San Xoán (Acio), Cefalopodoespetada con alioli de su tinta (Garum), Semáforo de verduriñas frías (Madam Ragú), Berberechos con patatas panadera y cebolla (Mesón de Lázaro), Arroz de Verín (Casal del Cabildo). Premio del público: Solomillo de cerdo con cebolla caramelizada (Bokados Tapería).

En 2009 A Tafona ocupó la primera posición de un cuadro compuesto por los siguientes premios otorgados por el jurado: Papada de cerdo, cigalita y limón (A Tafona), Empanada de pulpo seco a la llama (Ácio), Filloa O Catro (O Catro), Cubo crocante de atún con mermelada de tomate avainillado (Garum), Brocheta de chipirones con mayonesa verde de algas y polvo de nori, (Tapería Castelao). Premios del público: Bacalao maravillau (Madam Ragú).  El premio “(e)xcelente 09” concedido por el público fue para Madam Tagú

En 2010 el ganador fue el Calderón, componiéndose así el cuadro de premiados por el jurado: Jurel ahumado (Calderón), Queso con membrillo (A Tafona), Mejillón con cáscara (Acio), Premio del público: Hamburguesa de xouba (Tapería Castelao.

En 2011 consiguió el primer premio O Curro da Parra, con los siguientes premios del jurado: Bloody Mary made in Galicia (O Curro da Parra), Salpicón de pulpo, (Acio), Merluza sobre emulsión de guisante, cebollitas al tomillo limonero y patata confitada. (Hotel Puerta del Camino). Bocado dulce de vieira (Garum). Premio del público: Tosta con helado de crema de aguardiente (A Tafona). El premio “(e)xcelente”, otorgado por el público, fue para Abastos 2.0.

En total catorce locales diferentes premiados en cinco ediciones del concurso.

Por lo que respeta al jurado, en las cinco ediciones pasaron por el mismo 51 personas diferentes.

A pesar de estos datos, hay quien anda difundiendo el rumor de que el jurado siempre es el mismo y que siempre ganan los mismos locales. ¿Indocumentados o malintencionados? Puede que ambas cosas[/lang_es]

You may also like...

Add a Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *