Os máis “ricos” de MelideLos más “ricos” de Melide


[lang_gl]Nestes días (13 de maio) celébrase en Melide a Festa do Melindre e da Repostería Tradicional para promocionar os doces propios da comarca, onde aínda traballa un bo número de reposteiros tradicionais. Pódese atopar información na web Festa do Melindre mentres que o concello, organizador da mesma, esqueceu en 2008 que tiña dous párrafos dedicados á festa no portal municipal.

 

 

Quen coñeza un melindre sabe xa que o da foto non é un destes doces que se producen noutros moitos lugares de Galicia (os últimos que me sorprenderon son do Carballiño e coñecinos gracias a Aurora Baranda, a famosa polbeira).

A foto que encabeza o post é dun “rico”, unha especialidade que unicamente se elabora en Melide. Os ricos son, en definitiva, as tradicionais bolachas de manteiga cocida, inda que cun formato ben peculiar.

Hai tempo tiven a oportunidade de ver como se elaboran estes ricos nun dos obradores con máis sabor tradicional de Melide, Casa Melchora, que actualmente está pechada por enfermidade da súa responsable, á que dende aquí lle desexo o mellor.

Daquela visita a Casa Melchora quedou un post no que explico o que me contaron, é dicir, os segredos dos ricos.

E aproveito para deixar aquí a entrevista emitida o pasado sábado na SER co presidente da asociación de resposteiros artesáns de Melide, Alberto Rodríguez, produtor de melindres e ricos na cafetería Estilo.[/lang_gl][lang_es]En estos días (13 de mayo) se celebra en Melide la Fiesta del Melindre y de la Repostería Tradicional para promocionar los dulces propios de la comarca, donde aún trabaja un buen número de reposteros tradicionales. Se puede encontrar información en la web Festa do Melindre mientras que el ayuntamiento, organizador de la misma, olvidó en 2008 que tenía dos párrafos dedicados a la fiesta en el portal municipal.

Quien conozca un melindre sabe ya que lo de la foto no es uno de estos dulces que se producen en otros muchos lugares de Galicia (los últimos que me sorprendieron son de O Carballiño y los conocí gracias a Aurora Baranda, la famosa pulpeira).

La foto que encabeza el post es de un “rico”, una especialidad que únicamente se elabora en Melide. Los ricos son, en definitiva, las tradicionales galletas de mantequilla cocida, aunque con un formato bien peculiar.

Hace tiempo tuve la oportunidad de ver cómo se elaboran estos ricos en uno de los obradores con más sabor tradicional de Melide, Casa Melchora, que actualmente está cerrada por enfermedad de su responsable, a la que desde aquí le deseo lo mejor.

De aquella visita a Casa Melchora quedó un post en el que explico lo que me contaron, es decir, los secretos de los ricos.

Y aprovecho para dejar aquí la entrevista emitida el pasado sábado en la SER con el presidente de la asociación de resposteros artesanos de Melide, Alberto Rodríguez, productor de melindres y ricos en la cafetería Estilo.[/lang_es]

You may also like...

7 comments

  1. Dun, dun, dun, Baños de Molgas; dun, dun, dun, melindres de Allariz; rosquillas de Ribadavadia e bon viño do pais¡¡
    Así cantaba o Angel dos Meigas, ao ritmo de rock an roll, ou como carallo se escriba.
    E os melindres de Allariz, que?

  2. Razón ten a sabedoría popular, Danniland: os melindres so levan xema de ovo e coas claras fanse os amendoados.
    Carqueixa, de Allariz os melindres, os amendoados, as améndoas de pico…

  3. Don colineta, piedade para os que estamos a dieta (por prescrición médica). Un favorciño: os vindeiros 20 posts ou así dedicados aos valores da leituga, que ten moitos, seica.

  4. Ah, e conste que con xema, améndoa e azucre o meu pai facía outros amendoados que flipabas (máis menos a metade de xema que de clara, para os que queiran probar).

Add a Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *