Cuatro datos para una historia de los blogs gastronómicos gallegosCatro datos para unha historia dos blogs gastronómicos galegos

htt[lang_gl]Un 13 de novembro de 2006, sábado, nacía en Cambados unha tendencia que en pouco tempo se consolidou e estendeu por toda España.

Con toda probabilidade era a primeira vez que un grupo de bloggers, sen máis conexión que a súa paixón pola gastronomía, se xuntaban a comer, fotografar e publicar a experiencia.

Nacían os Blogastrónomos nun momento en que os blogs gastronómicos eran fabas contadas en España e, polo tanto, resultaba moi fácil facer ruído, e abofé que aqueles oito bloggers que comemos en Yayo Daporta (había máis xente, pero sen blog) armamos unha boa e non tardaron moito en organizarse movementos semellantes en Madrid e Barcelona, e despois por todo o país.

Pasaron máis de catro anos pero o panorama cambiou de maneira radical. Dos oito blogs que iniciaron aquel movemento so un está inactivo na actualidade (Cocinalia); os outros continúan na brecha, e en moitos casos con máis forza hoxe que nunca: Capítulo Cero, Pantagruel supongo, La Caja de los Hilos, Cocina de Aldea, De Pinchos, Another Cow in the Corn, Laconada e Colineta. Naquel momento en Galicia poucos blogs gastronómicos máis existían, no caso de existir algún. Tamén na brecha, pero con outro horizontes, Jorge Guitián con Gourmet de Provincias.

Hoxe son moitos os blogs de todo tipo que proliferan no país, blogs de afeccionados, de profesionais, de semi-profesionais, de empresas… Blogs uns que se actualizan con moita frecuencia e outros que so o fan de pascuas a ramos, como, por outra parte, sucede en todo o mundo.

A explosión das redes sociais fai, ademais, que moitas outras xentes e empresas teñan presenza nas mesmas sen dispoñer de blog e, naturalmente, que os bloggers galegos teñan presenza activa nesas redes.

Pero ademais da actividade dos bloggers galegos naceron outras iniciativas.

Por exemplo o primeiro encontro de blogs que se realizou en España, no marco do Forum Gastronómico Santiago 1998. Semanas antes Madrid Fusión tentou contraprogramar o encontro do Forum cun sonado fracaso.

A experiencia do Forum de 2008 foi seguida polo encontro de blogs en Pamplona en 2009 e a partir de aí se sucederon os encontros por todo o país.

Do mundo dos blogs galegos naceu tamén a primeira exposición vinculada a un congreso gastronómico, como foi Ao pé do lar, ideada e dirixida por Manolo Gago, coa colaboración imprescindible de Sole Felloza. Eu tiven tamén a oportunidade de aportar o meu gran de area a esa exposición. Polo momento, que eu saiba, ningún outro congreso seguiu esa senda, pero hai tempo para que o fagan. Iniciativa de Manolo Gago tamén foi o Código Cociña, ao que están adheridos hoxe varios centos de blogs galegos, españois e doutros países.

Os talleres “Merco e cociño con…” do programa Santiago Repetirás de Turismo de Santiago tamén estiveron moi vinculadas ao mundo dos bloggers galegos no seu nacemento e desenvolvemento. E no fondo a “Aula activa” que ofrece o Forum de Girona 2011 non deixa de ser unha evolución deses Merco e cociño con… Tamén o Concurso de Pulpeiras, que xa leva dúas edicións no Forum de Santiago, foi una iniciativa saída do entorno blogger galego.

Como dicía, hoxe son moitos os blogs existentes en Galicia. E algúns dos seus responsables deron xa un paso adiante coa organización de eventos e a súa incorporación como colaboradores en diversos medios de comunicación.

Así, Manolo Gago colabora asiduamente, dende o seu nacemento, co programa Come e Fala da Radio Galega, e dende hai uns días coa revista da Asociación de Hostalería de Compostela. Berta Castro incorporouse hai xa algún tempo ao equipo de colaboradores do mesmo Come e Fala e Pilar Lechuza ao do programa Con Voz del Domingo , que dirixe Eva Millán en Radio Voz. Ás veces tamén escoito á responsable de Kanela y Limón no programa das tardes da Radio Galega.

Pola súa parte, Antonio Portela, Viticulturista, colaboraba na revista de Hosterlería Galega e Turismo e agora tamén o fai en A Nosa Terra.

Eu fun xornalista gastronómico antes que blogger e continúo no mundo da radio (comecei en 1996 na Radio Galega e agora continúo na SER) e das miñas colaboracións en prensa e revistas, coa recente incorporación ao grupo de colaboradores da revista da asociación de hostalería de Compostela.

O movemento tamén se produciu á inversa, e Xosé Manuel García, director do Come e Fala, pasouse ao mundo dos blogs co seu Comer e Falar.

Temos, por outra banda, algúns bloggers e xornalistas gastronómicos de orixe galega, pero radicados fóra de Galicia, que están triunfando nos últimos tempos. Moi significativo é o caso de Marta Fernández Guadaño, xornalista de Expansión e blogger gastronómica, que xamais esquece a súa orixe galega e volve á terra, física ou virtualmente, sempre que ten ocasión.

Pola súa parte, Alfonso López (Recetas de rechupete), manifestase orgulloso de ser galego, inda que a vida o levou a residir en Madrid. Non é o primeiro ao que lle pasa!

E finalmente están os blogs vinculados a empresas e negocios, destacando especialmente Porto Muiños e Abastos 2.0.

Ah! e ata algúns non galegos están prestando gran atención ás cousas de Galicia, como é o caso destacado de Tony (Vacaciones y derivados), que como bo arraiano fala tanto de Asturias como de Galicia, ou, máis recentemente, do cociñeiro levantino Dani Albors.

Tamén houbo baixas, como a citada Cocinalia, o blog de Toñi Vicente en Yo Dona ou Boralleira, o blog de Xesús Fraga. Nas últimas semanas Xesús está a publicar sobre gastronomía no suplemento Fugas de La Voz de Galicia (publicase os venres), xornal no que xa traballaba. Unha novidade importante nun suplemento que se limitaba a informar sobre restaurantes.

A seguinte é unha lista de blogs gastronómicos activos na actualidade en Galicia. Non é unha lista exhaustiva. Haberá, hai, máis, seguramente moitos máis, que se me escapan por descoñecemento ou por despiste. A todos eles pido desculpas e manifesto o meu interese por incorporalos á lista en canto me comuniquen a súa URL por medio do correo electrónico ou os comentarios a este post:[/lang_gl][lang_es] Un 13 de noviembre de 2006, sábado, nacía en Cambados una tendencia que en poco tiempo se consolidó y extendió por toda España.

Con toda probabilidad era la primera vez que un grupo de bloggers, sin más conexión que su pasión por la gastronomía, se juntaban a comer, fotografiar y publicar la experiencia.

Nacían los Blogastrónomos en un momento en que los blogs gastronómicos eran habas contadas en España y, por lo tanto, resultaba muy fácil hacer ruido, y claro que aquellos ocho bloggers que comimos en Yayo Daporta (había más gente, pero sin blog) armamos una buena y no tardaron mucho en organizarse movimientos semejantes en Madrid y Barcelona, y después por todo el país.

Pasaron más de cuatro años pero el panorama cambió de manera radical. De los ocho blogs que iniciaron aquel movimiento solo uno está inactivo en la actualidad (Cocinalia); los otros continúan en la brecha, y en muchos casos con más fuerza hoy que nunca: Capítulo Cero, Pantagruel supongo, La Caja de los Hilos, Cocina de Aldea, De Pinchos, Another Cow in the Corn, Laconada y Colineta. En aquel momento en Galicia pocos blogs gastronómicos más existían, en caso de existir alguno. También en la brecha, pero con otros horizontes, Jorge Guitián con Gourmet de Provincias.

Hoy son muchos los blogs de todo tipo que proliferan en el país, blogs de aficionados, de profesionales, de semi-profesionales, de empresas… Blogs unos que se actualizan con mucha frecuencia y otros que solo lo hacen de pascuas a ramos, como, por otra parte, sucede en todo el mundo.

La explosión de las redes sociales hace, además, que muchas otras gentes y empresas tengan presencia en las mismas sin disponer de blog y, naturalmente, que los bloggers gallegos tengan presencia activa en esas redes.

Pero además de la actividad de los bloggers gallegos nacieron otras iniciativas.

Por ejemplo el primer encuentro de blogs que se realizó en España, en el marco del Forum Gastronómico Santiago 1998. Semanas antes Madrid Fusión intentó contraprogramar el encuentro del Forum con un sonado fracaso.

La experiencia del Forum de 2008 fue seguida por el encuentro de blogs en Pamplona en 2009 y a partir de ahí se sucedieron los encuentros por todo el país.

Del mundo de los blogs gallegos nació también la primera exposición vinculada a un congreso gastronómico, como fue Ao pé do lar, ideada y dirigida por Manolo Gago, con la colaboración imprescindible de Sole Felloza. Yo tuve también la oportunidad de aportar mi grano de arena a esa exposición. Por el momento, que yo sepa, ninguno otro congreso siguió esa senda, pero hay tiempo para que lo hagan. Iniciativa de Manolo Gago también fue el Código Cocina, al que están adheridos hoy varios cientos de blogs gallegos, españoles y de otros países.

Los talleres “Merco e cociño con…” del programa Santiago Repetirás de Turismo de Santiago también estuvieron muy vinculadas al mundo de los bloggers gallegos en su nacimiento y desarrollo. Y en el fondo la “Aula activa” que ofrece el Forum de Girona 2011 no deja de ser una evolución de esos Merco e cociño con… También el Concurso de Pulpeiras, que ya lleva dos ediciones en el Forum de Santiago, fue una iniciativa salida del entorno blogger gallego.

Como decía, hoy son muchos los blogs existentes en Galicia. Y algunos de sus responsables dieron ya un paso adelante con la organización de eventos y su incorporación como colaboradores en diversos medios de comunicación.

Así, Manolo Gago colabora asiduamente, desde su nacimiento, con el programa Come e Fala de la Radio Gallega, y desde hay unos días con la revista de la Asociación de Hostelería de Compostela. Berta Castro se incorporó hace ya algún tiempo al equipo de colaboradores del mismo Come e Fala y Pilar Lechuza al del programa Con Voz de Domingo , que dirige Eva Millán en Radio Voz. A veces también escucho a la responsable de Kanela y Limón en el programa de las tardes de la Radio Gallega.

Por su parte, Antonio Portela, Viticulturista, colaboraba en la revista de Hosterlería Galega e Turismo y ahora también lo hace en A Nosa Terra.

Yo fui periodista gastronómico antes que blogger y continúo en el mundo de la radio (comencé en 1996 en la Radio Gallega y ahora continúo en la SER) y de mis colaboraciones en prensa y revistas, con la reciente incorporación al grupo de colaboradores de la revista de la asociación de hostelería de Compostela.

El movimiento también se produjo a la inversa, y Xosé Manuel García, director del Come e Fala, se pasó al mundo de los blogs con su Comer e Falar.

Tenemos, por otra parte, algunos bloggers y periodistas gastronómicos de origen gallego, pero radicados fuera de Galicia, que están triunfando en los últimos tiempos. Muy significativo es el caso de Marta Fernández Guadaño, periodista de Expansión y blogger gastronómica, que jamás olvida su origen gallego y vuelve a la tierra, física o virtualmente, siempre que tiene ocasión.

Por su parte, Alfonso López (Recetas de rechupete), manifiesta orgulloso de ser gallego, aunque la vida lo llevó a residir en Madrid. ¡No es el primero al que le pasa!

Y finalmente están los blogs vinculados la empresas y negocios, destacando especialmente Porto Muiños y Abastos 2.0.

Ah! e incluso algunos no gallegos están prestando gran atención a las cosas de Galicia, como es el caso destacado de Tony (Vacaciones y derivados), que cómo bueno fronterizo habla tanto de Asturias como de Galicia, o, más recientemente, del cocinero levantino Dani Albors.

También hubo bajas, como la citada Cocinalia, el blog de Toñi Vicente en Yo Dona o Boralleira, el blog de Xesús Fraga. En las últimas semanas Xesús está publicando sobre gastronomía en elsuplemento Fugas de La Voz de Galicia (se publica los viernes), periódico en el que ya trabajaba. Una novedad importante en un suplemento que se limitaba a informar sobre restaurantes.

La siguiente es una lista de blogs gastronómicos activos en la actualidad en Galicia. No es una lista exhaustiva. Habrá, hay, más, seguramente muchos más, que se me escapan por desconocimiento o por despiste. A todos ellos pido disculpas y manifiesto mi interés por incorporarlos a la lista en cuanto me comuniquen su URL por medio del correo electrónico o los comentarios la este post:[/lang_es]

http://membajadora.blogspot.com

http://www.manuelgago.org/blog

http://blogs.lavozdegalicia.es/menudeldia

http://www.blogoteca.com/depinchos/

http://berta-postres.blogspot.com

http://berta-salado.blogspot.com

http://kanelaylimon.blogspot.com/

http://laprendizdechef.blogspot.com

http://www.lacocinadelechuza.com

http://www.obandullo.com

http://guisandomelavida.blogspot.com

http://delokos.org

http://www.pormisfogones.eu

http://fogonesdelchi.blogspot.com

http://www.manuelgago.org/thewinecodex

http://viticulturista.blogaliza.org

http://acitc.blogaliza.org

http://acibecheria.blogspot.com

http://www.laconada.com

http://www.ohsushi.es

http://www.culturasushi.com

http://www.pantagruelsupongo.com

http://www.melvin.es

http://daninland.blogspot.com

http://casadecomestibles.blogspot.com

http://gourmetymerlin.blogspot.com

http://levounandar.blogspot.com

http://turismoengalicia.blogspot.com

http://fofan.org/cocina/

http://soledadfelloza.com/la-caja

http://comerefalar.blogspot.com

http://filloasdapedra.blogspot.com

http://restaurantedonchiringo.blogspot.com

http://ivinourense.blogspot.com

http://www.recetasderechupete.com

http://www.caney.es/caney-blog

http://auladecocinaportomuinos.blogspot.com

www.abastosdouspuntocero.es

http://comunidades.laopinioncoruna.es/blog.php?user_id=19687&log=true

http://turismodepontevedra.blogspot.com

http://traslavitualla.blogspot.com

http://cocinadecolorlila.blogspot.com

http://cocinademiabuelo.blogspot.com

http://travienlacocina.blogspot.com

http://www.lareira.net

http://www.saboreagalicia.es

http://elblogdeacasadosmartinez.blogspot.com/

http://etxeoquehai.wordpress.com/

http://www.unodedos.com/

You may also like...

26 comments

  1. Gracias pola mención.
    Só unha salvedade, no meu blog os horizontes seguen a ser os mesmos que en 2004, cando comezou a andar.

    Trátase dun blog persoal e sen ánimo de lucro, sen publicidade, no que se fala dos temas que me interesan, fundamentalmente gastronómicos. No que vai de ano falei nel de libros de cociña ou gastronomía, de produtos tradicionais, de restaurantes, de viaxes con compoñente gastronómica, etc. Máis ou menos o mesmo que en calquera periodo semellante escollido ó chou nos últimos cinco ou seis anos.
    O único que cambiou respecto á miña relación co sector da gastronomía desde aquela xuntanza de 2006 en Cambados, foi o meu vencello laboral, cousa que me obriga, por aquelo das normas autoimpostas, a non falar de restaurantes ou produtores cos que teña relación profesional, cousa que me parece básica e que responde ó meu interese (entón como agora) de manter diferenciada a faceta laboral da faceta privada. De tódolos xeitos, tampouco penso que nese aspecto os meus horizontes mudaran máis que os de moitos outros, en Galicia ou noutros sitios, que coma min veron a oportunidade de facer da súa paixón unha fonte de recursos, sexa total ou parcial, permanente ou esporádica. Pero iso, repito, penso que é mezclar cousas que están separadas: o blog persoal e a actividade profesional.

    Saúdos

  2. Sigo algún deses blogs e aparte de felicitar aos autores polo éxito colectivo no nacemento e continuidade, hai que agradecer a porque a vosa información tamén é formación para o disfrute de algo valioso. Valoro especialmente a “altura” que tedes como gastrónomos que supón para os lectores un reto e unha oportunidade. Noraboa.

  3. Jorge, non hai de que.

    Respecto aos novos horizontes resulta evidente que me expliquei mal, porque me refería a ti e non ao blog. Modifiquei a redacción e penso que agora queda claro.

    Non comparto esa separación entre o blog e a túa actividade profesional actual que ti fas porque foi a repercusión do blog o que te levou á situación actual e facilitou o resto.

  4. No texto do post tiven un esquecemento imperdoable, xa que citei que o blog de Xesíus Fraga está inactivo, pero non dixen que Xesús nos obsequia agora coa súa firma no suplemento Fugas de La Voz de Galicia. Ainmda que tarde, está corrixido o esquecemento.

  5. Pois moitas gracias.
    Efectivamente, foi o blog o que me permitíu coñecer xente e comezar facer cousas, algo que nunca imaxinara cando comecei con él. Nese sentido estamos de acordo. Ó que me refería é a que hoxe, como hai seis anos, segue a ser un blog gratuito, sen financiamento externo e, nese sentido, sen ánimo de lucro; un blog persoal de opinión que, afortunadamente, me abríu algunha que outra porta e me permitíu vivir hoxe do que me gusta.

    Saúdos

  6. Muchas gracias por citar mi blog en esa larga lista. Será una tontería pero me hace ilusión pensar que mi blog no sólo lo leo yo. Gracias!!

  7. Pois parecerá unha tontería, pero moi poucos dos blogs que aparecen na lista escriben en galego, e algún non presume tanto de ser galego.

    De tódalas formas non están tódolos que son.

    Hale, saúdiños.

  8. Gracias Miguel pola mención ainda que o meu non é un blogo exclusivamente gastronómico. Facéndome eco da peticiòn de dar aviso de algún máis que non este na lista, póñoche un enlace que leva ao blog dunha rapaza de Vigo e que fai unhas críticas gastronómicas que me gustan especialmente, ademáis de colgar os experimentos que vai facendo na cociña.

    http://travienlacocina.blogspot.com/

  9. J.M. Pier. Efectivamente lareira.net se me coló porque antes era una web estática y no un blog, como ahora.
    En cuanto a la cocina paso a paso, es un blog hecho en Vitoria y al que no le veo mucha conexión con Galicia, por eso no lo incorporo a la lista

  10. Moitas grazas pola mención e a Mercedes tamén moitas graciñas por ter a miña cociña presente.

    Toda iniciativa que poña en valor a nosa cociña tanto a tradicional como a máis moderna son sempre benvidas, pois na nosa terra temos bos productos, preparación senlleiras e únicas e sobretodo poder recuperar receitas que se estan perdendo e que surxen de novo con forza.

    Un saúdo

  11. Pues Miguel, antes de nada, muchas gracias por incluirme en el Club!!

    Me ha encantado este ilustrativo y aclaratorio post sobre los inicios, ya puede decirse que hasta históricos, de los blogs gallegos.

    Y honestamente y como en el mismo sentido, creo, reconoce Jorge Guitián, a mi también me gustaría que una afición como esta, que es puro amor a la cocina y a la comunicación, (desde una visión personal y sin pretensiones, eso si), acabase sirviendo como fuente de algún tipo de ingresos…

    Y si no, tampoco pasará nada y lo seguiré haciendo igual. ¡Pero reconocido queda!

    Un abrazo, gracias y hasta pronto

  12. Chego tarde, que estou retirado. Agora ben, en plan taquigráfico:

    1.- Blogs gastronómicos = Blogs de receitas? (moitos da lista son iso e só iso)
    2.- Que é un blog galego? Sobre cociña galega? Feito en Galicia? Escrito por un galego?

    Algún día haberá que escribir unha historia sobre a contragastronomía, supoño.

  13. Outro grave esquecemento o meu, señor eSedidió, porque o seu blog supuxo un importante cambio na forma de ver certas cousas. Pido desculpas e amplio a lista.

  14. Moitas gracias polo detalle, pero eu nunca sentín que o meu recuncho faltase nesa relación. O meu non foi nin quixo ser un blog gastronómico. É máis, a miña primeira idea para o nome era mecagüenbrillatsavarin.com, pero resultaba algo ordinario 🙂
    Un saúdo.

Add a Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *