March 10th, 2010Viño nun pedestal
El decantar se va a acabar podería ser o lema se non fora por que o seu esquema xa está gastado.
Hoxe Martín Berasategui e Flavio Morganti presentaron en Valladolid un novo modelo de botella que pode supoñer a fin da necesidade de decantar os viños porque a propia botella retén os sólidos do caldo no mesmo acto do servizo do viño.
¡Cómo non se lle ocorreu a ninguén antes! As posibilidades da botella son moitas e xa algúns adegueiros falan de que abre novas posibilidades ao mundo da elaboración de viños. No folleto facilitado na presentación, e ao que se pode acceder na súa web, podemos ler como Pablo Buján, director comercial de Martín Codax, di “parece increíble que hayamos tenido que esperar siglos, pero ahora es solo cuestión de tiempo que muchos bodegueros puedan modificar sus métodos de elaboración.”
Dende agora o viño presentarásenos derriba dun pedestal.
En Capítulo 0
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico






10 March 2010 a las 23:28
[…] Hoxe Martín Berasategui e Flavio Morganti presentaron este novo concepto de botella, o Berasategui System, en Valladolid, no corazón da Ribeira do Douro. Vin o concepto hai uns meses -cando aquelo era coma o secreto da bomba atómica- e flipei. Basicamente ese estraño “pescozo” que ten a botella na súa base fai de decantador, concentrando os posos do viño. Nun contorno de consumidores no que hai xente que lle dá algo de repelús o tema posos do viño, moitas adegas filtran o viño para evitar ese problema estético, engadindo á elaboración do viño un proceso un tanto agresivo que fica solventado con esta sinxela nova forma. A nova botella permite, ademáis, máis aplicacións, como evitar o contacto das mans que tranfiren calor á botella, etc. Esta é a típica idea que un di: “¿pero como non se me ocorreu a min?”. (vía) […]