January 28th, 2010José Andrés en Galicia
Tolón, tolón, tolón… soa o meu teléfono unha mañá hai xa tempo. O meu ton de chamada son as campás de Bastabales, grabadas por min mesmo no toque de oración de tódolos mediodías gracias a que o campaneiro me permitiu un día, hai tempo, subir con el ata a torre da igrexa.
Tolón, tolón, tolón…
Si?
A ver oh, pasa por aquí esta tarde que che presento a José Andrés. O que chamaba era Marcelo Tejedor, que tiña ao cociñeiro e estrela da televisión gravando no seu restaurante imaxes para una serie de televisión que se emitiría en Estados Unidos.
E aló fun. No medio dunha morea de xentes do equipo técnico e de produción José Andrés, Marcelo e máis eu mantivemos unha amigable conversa ata que alguén deu a orde de volver ao traballo.
Non volvín preocuparme polo asunto ata que hoxe, a través de Berenguela, din co video do capítulo dedicado a Galicia por José Andrés, cunha curiosa receita de pementos de Padrón recheos de queixo de tetilla e o traballo de dous grandes de Compostela, Marcelo Tejedor e Bernarda Gómez Arcos (Pan da Troia). E como todo ten un pero, paréceme que José Andrés puido gravar o polbo á feira nunha feira e o resultado sería polo menos máis atractivo.
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico






29 January 2010 a las 12:18
Xa sei que son un tocagüevos e un incordio, pero cando observo a ese señor (aquí e no programa que tiña na tele) sempre me ven á cabeza unha das poucas cousas que me ensinaron nesto da cociña: o respecto pola orde, a limpeza e a hixiene. Home, non digo que teña que cortar o queixo con luvas, pero de aí a poñer a manaza na parte aberta da tetilla, deixala polo medio despois de cortar os tacos e liar un sindiós co sal polo medio da táboa de cortar…. E non habería por aí un mandilón, aínda que fose de deseño, ou un trapo para limpar as mans?
(na peculiar forma de fritir pementos e de botarlle sal na tixola non me meto, que os expertos son vostedes).