January 25th, 2010Mónica Fernández, unha galega premiada en Madrid Fusión
Orxais pode que lle soe a nome faraónico aos afeccionados ás películas de momias, pero nada máis lonxe da realidade. Orxais atópase no concello lucense de Quiroga, zona de produción de bos viños, augardentes e aceite de oliva, no ámbito da denominación de orixe Ribeira Sacra.
De Orxais, como leo en El Progreso (non está na edición dixital e non o poido enlazar) saíu un día Mónica Fernández, que regresa alí cada vez que as súas ocupacións lle deixan un tempo libre.
Mónica Fernández será outra protagonista galega de Madrid Fusión, xa que vai recibir o premio ao mellor maitre polo seu traballo no restaurante de cociña xaponesa, emprazado en Madrid 99 Sushi Bar.
Curiosidad: Madrid Fusión
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico





