Hai uns días daba conta da relación de restaurantes galegos con estrela Michelín ao longo da historia publicado por Antonio Cancela, propietario da segunda colección de guías máis grande do mundo, na súa web.

Agora avísame Antonio de que hai unha nova relación, na que non so aparecen tódolos restaurantes, senón a data da súa aparición na guía e os anos durante os que tivo estrela. Impresiona ver como Casa Solla leva 31 anos ininterrumpidos coa súa estrela. Máis información en cancela.org