O viño que seguiu á presentación do Forum Gastronómico Santiago 2010 tróuxonos a noticia das dúas novas estrelas Michelín para Galicia: A Estación (Cambre), con Beatriz Sotelo e Juan Crujeiras á fronte, e A Garza (Malpica), un restaurante de produto.
A provincia da Coruña recobra o primeiro posto en canto a estrelas Michelín en Galicia e anula en parte a ventaxa que a provincia de Pontevedra ía collendo no movemento gastronómico galego pola visibilidade dos seus cociñeiros.
Hai un ano, coa concesión dunha estrela Michelín ao restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe e a perda das de Playa Club e Toñi Vicente, convertíase na provincia máis estrelada, xa que á nova estrela de Xosé Cannas se unía as xa clásicas de Casa Solla e a Taberna de Rotilio e a máis recente de Yayo Daporta.
Agora Pontevedra está a piques de converterse na provincia con máis cociñeiros membros do Grupo Nove, que dun tempo a esta parte representa a cociña galega de vangarda en todo o mundo e que se converteu no grupo máis visible e mediático de cantos hai en Galicia. Sete das dez estrelas Michelín con que conta Galicia recaen neste grupo.
O luns saberemos oficialmente da ampliación do Grupo e os tres novos cociñeiros que entran no mesmo, os tres pontevedreses. Culler de Pau ( O Grove), Eirado da Leña (Pontevedra) e Silabarium (Tui)
Actualización: Pierde su estrella A Taberna de Rotilio (Sanxenxo). Lamentablemente la alegría no es completa.
Más información: Capítulo 0, Abc, La Vanguardia
26-11-2009: La Opinion, La Voz de Galicia (edición Carballo),





