October 22nd, 2009VII Cata Internacional de Augas Termatalia
Inda que non caeu unha gota, o pasado sábado, 17 de outubro, foi un día pasado por auga en Ourense. Tocaba a VII Cata Internacional de Augas Termatalia, que tivo lugar no marco da Feira Internacional do Turismo Termal que cada outono se celebra na capital ourensá.
Convidado polos amigos de Gallaecia e polo director da cata, Antonio Raluy, formei parte do xurado xunto a case outra ducia de persoas procedentes do resto de Galicia, España, Portugal, Italia e México.
E poido asegurar que a cousa non foi doada. Despois de catorce augas sen gas e unha paradiña para estirar as pernas e visitar o servizo, chegou o máis forte da cata: dúas augas con gas natural e doce con gas engadido.
O resultado, como en anos anteriores, é moi alentador para as augas galegas (ollo, foi unha cata a cegas, coa auga servida por medio de xarras para evitar calquera pista pola forma ou cor da botella). Cinco dos dez premios concedidos quedaron no país.
Augas de mineralización moi débil:
1º premio: Agua Sana
2º premio: Bezoya
Augas de mineralización débil:
1º premio: Cabreiroá
2º premio: Fuente del Val
3º premio: Fontecelta
Auga mineral con gas natural:
1º premio: Cabreiroá Única
2º premio: Pedras Salgadas
Auga mineral con gas:
1º premio: Vimeiro Sparkle
2º premio: Mondariz con gas
3º premio: Agua Sana
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico






22 October 2009 a las 18:50
Eu son un namorado da auga con gas, que é moi pouco consumida en Galicia, ou eso me din os donos dos bares a a xente dos súper…Case me quedo con Mondariz e das de gas natural con Pedras Salgadas, pero esta é portuguesa senón lembro mal e difícil de atopar aqui.
Por certo as cataláns non sacaron nada?
22 October 2009 a las 18:57
Eu non sei que marcas participaron na cata e, polo tanto, non sei se había algunha procedente de Cataluña. Os premios foron os que se indican no post.