October 4th, 2009Fabas
Hoxe ten lugar en Lourenzá a festa da mal chamada Faba de Lourenzá, que en realidade debería chamarse Faba da Mariña. Con tal motivo convido a ler o post Mermelada de fabas que publicaba a comezos do mes de outubro de 2005
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico






7 October 2009 a las 20:44
Mira que eres algo insistente, por no decir pesado, con el tema de Faba da Mariña, ya te vale…, creo que tienes mucha envidia y poca mano izquierda…
7 October 2009 a las 21:07
¿Envidia? ¿de que o de quien?. Y mano izquierda ¿para que?. Insistencia y pesadez si, y no voy a cambiar. Lo del nombre de Faba de Lourenzá me parece un atraco. Lo he dicho aquí y en muchos otros sitios y voy a seguir diciéndolo. Y también, como ya escribí hace tiempo, seguiré reconociéndole a Lourenzá el mérito de haber puesto a esta legumbre donde actualmente está, razón por la cual merecen ser la capital de la faba, la sede del consejo regulador y lo que sea preciso. Pero de Lourenzá solo es una parte de la produción. ¿Cómo verías que las D.O Ribeiro se llamase D.O. Ribadavia? ¿Y la de Rias Baixas, D.O. Cambados? ¿y la de Rioja, D.O. Haro?.
Al final va a ser cierto que tengo envidia. Envidia de las D.O. donde se hacen las cosas como deben hacerse, cosa que no sucede con la Faba de Lourenzá.
17 October 2009 a las 11:15
¿Será que tal vez, e digo solo tal vez, hace unos años sólo se cultivaba la faba en Lourenzá? ¿será que al ver el éxito que iba teniendo su producción y comercialización se iban sumando productores de otros concellos? ¿crees de verdad que la faba de Lourenzá pueda ser igual a la de Viveiro -por ejemplo-?…
Por cierto no noto tu alegría por la Denominación de Origen conseguida, aunque sea mal llamada…
17 October 2009 a las 18:23
Pois non, e digoo con rotundidade. A sona das fabas de Lourenzá é moi recente, e as mesmas fabas se cultivaban en toda a Mariña décadas antes. Hai corenta anos, ou máis, os tratantes asturianos acodían a mercar as fabas ao mercado de Ferreira do Valadouro, que na primeira metade do século XX foi un dos centros comerciais máis activos da Mariña. Pasaron décadas ata que Lourenzá descubriu o potencial das fabas, e o certo é que conseguiron relanzar o cultivo con forza, pero apropiáronse do traballo de xeneracións.
En canto á D.O. sempre me alegra que un produto galego acade o recoñecemento, pero iso non me vai calar cando as cousas están mal feitas.
Por certo ¿tes algo que ver coa D.O. ou o concello de Lourenzá? Como te ocultas nun nick non sei con quen estou a debater.
18 October 2009 a las 0:38
E dálle. Que non é D.O. senón I.X.P.
Eu si podo dicir que teño algo que ver coa xestión da creación da IXP, e seguramente terás ti razón, Miguel, no pouco afortunado do nome (por certo, poderíase haber tramitado como DOP, que razóns había, pero iso é outro conto). Pero os nomes pouco afortunados son algo común ao tema. Véxase o caso do pemento de Herbón (todos coñecemos o por que) ou o sangrante de Pataca de Galicia, única IXP que eu coñeza que ten un nome extendido a toda a Comunidade pero que só admite a produción nunha pequena parte dela.
O problema da IXP Faba de Lourenzá non está no nome, senón desgraciadamente en factores moito máis frofundos que seguramente impedirán o seu éxito, pero que sería demasiado longo de comentar neste foro.
18 October 2009 a las 10:39
IXP Faba de Lourenzá
IXP Faba de Lourenzá
IXP Faba de Lourenzá
Vou seguir así ata cen centos, a ver se o meto dunha vez na cabeza.
En canto a nomes, o de Herbón é ben desafortunado, pero non foi unha elección libre, como no caso de Lourenzá. E habería que falar da IXP “Tarta de Santiago”. En galego é “torta”, pero por unha vez unha consellería nacionalista puxo a costume popular por diante da corrección gramatical.
Por unha vez espero que se equivoque, señor eSedidió, e que as fabas sigan triunfando e cada vez máis. Estou seguro de que a vostede tamén lle gustaría estar equivocado, pero coñecendo a solidez das súas opinións xa estou tremendo por ese fracaso anunciado. Malia o desgraciado nome, que sempre combatirei, sería unha mágoa.
18 October 2009 a las 18:35
Pois alá vou, sen moitas gañas, a preparar unha explicación máis longa na miña leira, a ver se entre todos atopamos algo de luz, pero doado non é.
23 October 2009 a las 18:05
[…] Imos pois embora. O primeiro dos produtos que vou tratar é a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá. As razóns? Basicamente filantrópicas e solidarias: tentar que non lle dea un pallá ao amigo Colineta, que cada vez que alguén fala deste tema sulfúrase como unha hidra. […]
2 November 2009 a las 21:56
[…] Vamos pues. El primero de los productos que voy a tratar es la Indicación Geográfica Protegida Faba de Lourenzá. Las razones? Básicamente filantrópicas y solidarias: intentar que no le dé un pallá al amigo Colineta, que cada vez que alguien habla de este tema se sulfura como una hidra. […]