July 1st, 2009Cuestión de tempos
Isto de facer dúas rutas de tapas diarias (mediodía e noite) acaba con calquera e non vou ser eu menos. Levo arredor de 70 tapas en catro días e xa me van entrando gañas de que o reloxo acelere un pouco o seu ritmo para poder comer unha sopiña quente o próximo sábado, se é que chego aló con folgos e 109 tapas derriba.
Cada día me convenzo máis de que o nivel medio das tapas presentadas a concurso no Santiago(é)Tapas deste ano é sensiblemente superior ao do ano pasado, no que xa foi bo. E ao mesmo tempo dáme a sensación de que a distancia entre as mellores e as menos boas se reduce de maneira considerable, non porque as mellores perderan calidade senón por que o tope inferior subiu de forma notable.
O que algúns aínda non parecen entender é que cando pido unha bebida e unha tapa agardo que a segunda veña pouco despois da primeira e non 20, 30 ou 40 minutos máis tarde porque o que lle entran a un é gañas de anular o pedido, marchar e non volver máis. O cabreo redúcese se cando chega a tapa esta é unha marabilla, como me sucedeu o pasado luns.
Paréceme a min que cinco ou dez minutos son tempo máis que suficiente ¿e ti que opinas?
Foto: www.santiagoetapas.com “Fusión marrocogalaica de mexillóns”
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico






1 July 2009 a las 15:51
Ao mellor é que pretenden que pidas unha segunda bebida… ¿non?
Si 5 minutos é tempo dabondo.
1 July 2009 a las 17:45
…e tratándose precisamente dunha tapa durante un evento tan concreto, suponse que han de estar máis que preparadas. Ademais son eso:tapas.
1 July 2009 a las 20:35
Demasiado comprensivo. Nin 5 minutos nin farrapo de gaitas. A tama, ao tempo da bebida, e se non non é tapa.
1 July 2009 a las 20:36
tama? quixen dicir tapa
1 July 2009 a las 22:38
[…] aínda que non tantas como quixera. A vista de paxaro (aínda só probei uns oito ou nove locais), coincido con Colineta en que o nivel mellorou, especialmente por abaixo, e hai unha media de calidade e de esforzo […]
2 July 2009 a las 9:25
[…] sabores y pinchar aquí y allá- decidan hacerse con un “tapasporte” y lanzarse a recorrer la ruta gastronómica a pie. Hasta el 12 de julio tenemos tiempo de dar un buen repaso a las más de cien tapas que […]
2 July 2009 a las 10:02
eSedidió non estamos falando dun pincho frío que pode estar elaborado previamente, nin dunha tapa de callos que tamén pode estar lista, senón de tapas que é preciso preparar, ou polo menos rematar, no momento de servilas, polo que é preciso un tempo que, naturalmente, debe ser limitado