O que supón unha alerxia alimentaria so o sabe ben quen a padece ou está preto dela. A min tocoume durante nove anos alimentar a un fillo con alerxia á proteína do leite (non confundir con intolerancia á lactosa) e nese tempo fixen todo un master en etiquetado dos alimentos. Xa teño falado aquí do asunto e hoxe afortunadamente o problema está superado

Hoxe é o día do celíaco, un problema que non ten solución nin, polo momento, receptividade por parte da meirande parte do sector hostaleiro. Por iso non deixa de sorprender atopar en pequenas localidades, como Porto do Son, pequenos restaurantes que ofrecen menús especiais para celíacos. É o caso de A Cociña das Monadas.

Aproveito para recomendar dous blogs dos que tiven coñecemento a semana pasada no encontro de Pamplona: Caminar sin gluten e Zerogluten.