Parece un perfume pero en realidade é un licor de framboesa Paco&Lola, elaborado con augardente de uvas albariñas e framboesas naturais.
Só hai 3.000 botellas no mercado, a un prezo de 29,90 euros.
Parece un perfume pero en realidade é un licor de framboesa Paco&Lola, elaborado con augardente de uvas albariñas e framboesas naturais.
Só hai 3.000 botellas no mercado, a un prezo de 29,90 euros.
Un pequeno grupo de xornalistas galegos, todos pontevedreses e sen experiencia no mundo da cata e non moitos coñecementos no dos viños, recibiu a semana pasada un pequeniño cursiño de cata no Pazo de Mugartegui, sede do consello regulador da denominación de orixe Rías Baixas, organizador do mesmo. Polo medio colouse un servidor.
Estaba prevista a cata de catro viños brancos das Rías Baixas, e así se fixo. Comezamos cun monovarietal albariño da última colleita (2008). ¿Que viño máis bravo! Unha excesiva acidez demostraba que fora embotellado meses antes do debido.
Afortunadamente seguiu un Rosal (uva albariña desta zona do sur de Pontevedra, con algo de loureira) da colleita de 2006. Pareceume o mellor dos catro viños catados, pero teño que recoñecer as miñas preferencias por este viño de aromas, sabores e tacto balsámico, cousa que, pola contra, non lle gustou nada á xornalista que tiña enfronte: “Sabe a vipsbaporrú“, dixo.
Despois un Rías Baixas criado sobre lías do que o mais impresionante foi o prezo da botella: arredor de 45 euros en tenda. E para rematar un viño criado en madeira, absolutamente plano en nariz e sen nada destacado en boca.
A cata foi lenta e por momentos algo desordenada xa que as interrupcións con preguntas e máis preguntas eran continuas. É o que ten catar con xornalistas que de viños nada saben. E un dos temas de conversa foi o viño servido na voda dos Príncipes de Asturias e porque se elixiu un viño do ano no canto dun elías, como se empeñaron en chamar, non sei se en broma ou en serio, algúns dos colegas de cata ao viño criado sobre lías. Algún non entendía como se podía preferir un viño supostamente máis barato.
Rematou a cata e seguiron as preguntas sobre o viño da voda, ata que o técnico da D.O. ofreceu catar unha botella daquel viño, que aínda conservan no consello.
Eu agardaba un viño sen etiquetar cando apareceu coa botella que se pode ver na foto, coa etiqueta da celebración, o 22 de maio de 2004. Cinco anos pasaron dende que foi embotellado e cinco e medio dende que foi elaborado.
O viño presentaba unha cor evolucionada, con tons dourados, inda que o peor foi o acusado aroma de redución que nos fixo temer o peor. Pero non. Cun pouco de osixenación na copa a redución desapareceu rapidamente e deu paso a aromas florais, de froitas e un chisco de tabaco. En boca conservaba unha acidez equilibrada e resultaba un viño longo, moi longo. Un viño perfectamente apto para servir. Pero aínda hai quen segue convencido de que os Rías Baixas hai que bebelos no ano