Un ano máis, a semifinal do concurso “Cocinero del Año” correspondente a Galicia, Asturias e Cantabria terá, a priori, claro sabor galego, non so porque terá lugar nas instalacións da Escola Superior de Hostalería, en Santiago de Compostela, senón porque sete dos dez cociñeiros participantes na mesma serán galegos, xunto con dous asturianos e un cántabro.
Os participantes galegos serán:
Iria Sineiro, de Mirador de San Pedro, A Coruña
Iván Domínguez, de Casa Marcelo, Santiago de Compostela
Luís Veira, de Alborada, A Coruña
Iván Méndez, de Balneario de Mondariz, Mondariz, Pontevedra
Fabián Fernández, de La Taberna de Rotilio, Sanxenxo, Pontevedra
José Carlos Fariña, de Maruja Limón, Vigo, Pontevedra
Miguel Gil, de Beagle Consulting, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.
Por Asturias participarán:
Raúl Villar, de El Burladero, Oviedo
Ángel Arroyo, de Las Delicias, Gijón
Y por Cantabria Enrique Pérez, de Los Avellanos, Torrelavega.
Os chefs disporán de cinco horas para realizar un menú composto de entrante, prato principal e sobremesa, cun custe de materia prima que non pode superar os 16 euros. O gañador participará na final estatal, que terá lugar en Barcelona en 2010.
Esta semifinal ten lugar en Galicia como homenaxe a Beatriz Sotelo, que o 13 de marzo de 2008 se convertía na “Cocinera del Año” ao impoñerse na final celebrada na capital catalana.
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico






2 April 2009 a las 19:22
Bravo por Iván. A por ellos!!!
3 April 2009 a las 8:50
Sorte a todos, e ánimo Ivan.
3 April 2009 a las 11:12
Ánimo Iván, estamos contigo.
3 April 2009 a las 16:07
Iria mucha suerte, tu puedes.
3 April 2009 a las 16:10
Mucha suerte iriaa!!vas a llegar a la final ya veraas qe tu lo vales!!
3 April 2009 a las 18:41
Iria, a por todas. Muchísima suerte