As estatísticas de Colineta levan varios días reportándome un certo número de accesos de dous blogs concretos: El cocinero fiel e La cocina de lechuza. Curioso que é un, acudo aos mesmos por ver a que se debe esta inusual actividade e atópome con senllos post sobre o top 10 de wikio.

A sorpresa non é atopar Colineta nese ranking (xa mo comunicaran hai un mes), senón ver como tres dos dez primeiros blogs do mesmo son galegos: o xa mencionado La cocina de lechuza, Diario del Gourmet de Provincias e Colineta.

Eu non me fío moito destes rankings. Mesmo neste de Wikio e entre os cen primeiros hai un que leva case un ano sen publicar nada. Pero xa que existen alégrame ver como os galegos estamos polas alturas. E non perdan de vista La cocina delokos e Pantragruel supongo, que veñen petando forte.

Actualidad

    sígueme en Twitter

    © 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura