March 4th, 2009Anguías, lampreas e congros
Ando estes días enfrascado na lectura de dous libros sobre a pesca nos ríos galegos, que terei que comentar no próximo número de Protexta, e descubro que tanto a sangue da anguía como a da lamprea son tóxicas. Tranquilos tódolos amantes da lamprea á bordelesa. A toxicidade de ambas sangues desaparece ao cociñala, así que o único risco estaría no seu consumo en cru, que me parece bastante improbable. Un é desconfiado e busca información noutras fontes, que confirman a toxicidade, inda que en ningún caso falan dos posibles efectos da súa inxesta.
E mentres agardo o inicio da presentación do libro Natura, de Albert Adriá, do que xa teño falado aquí, fotografo na compostelá Rúa do Vilar a imaxe dun home que loita, e parece que domina, co que ben podería ser unha anguía, un congro ou unha lamprea. Pero rápido caio en que so pode ser unha anguía, xa que tanto o congro como a lamprea non teñen escamas, e o animal do capitel compostelán si.
Desas anguías xa non se ven por Galicia adiante. Congros de meter medo si quedan. Como o da foto, que se presentou na ponencia do Forum de Xirona de Pepe Solla, Xosé Cannas e Jorge Pérez (da confraría de Aldán-Hío), segundo o cal andaría polos 10 quilos de peso. Para a miña admiración Jorge faloume de congros de 40 quilos pescados en Aldán noutros tempos

© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico






5 March 2009 a las 9:06
Andava eu o ano passado a cozinhar uma lampreia ( http://www.flickr.com/photos/roicinho/2467867460/ ), tomando uma cunca de vinho tinto para fazer ainda mais amena a jornada. Andava a mil cousas e numa destas, entre grolo e grolo confudi a cunca do sangue com a cunca do vinho…
E agore me contas que é tóxica?
Um saúdo
5 March 2009 a las 9:34
Por algo recomendan non reencher os envases. O sangue da lamprea hai que poñelo nunha cunca para sangue de lamprea e o viño nunha cunca para o viño. Paréceme, Rodrigo, que faltaches a esa clase de Barrio Sésamo.
6 March 2009 a las 10:27
¡Uff, congrio!. Uno de los pescados que más recuerdos me traen. De enano no me gustaba nada pero ahora es posible que sea uno de los que más me gusta, junto al verdel y el cabracho.
Un saludo
Roberto
6 March 2009 a las 11:21
Recuperarei os videos em Youtube, que nunca é tarde para aprender
6 March 2009 a las 12:35
Pingue, cuando vengas por Santiago obligatoria la empanada de congrio de O Gato Negro. A mi también me gusta mucho rebozado y frito. La textura y el sabor son impresionantes.