La IGP de la castaña gallega, transitoria, entra en vigor esta semanaA IXP da castaña galega, transitoria, entra en vigor esta semán

[lang_gl]As castañas, os pementos de Herbón, O Couto, Oímbra e Arnoia; os grelos, a torta de Santiago, o botelo e a androlla terán protección transitoria este mesmo ano, segundo declarou o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, na clausura de Xantar, que pechou as súas portas o domingo.

A castaña será o primeiro destes produtos que goce da protección transitoria, xa que o conselleiro anunciou que o seu regulamento se publicará no Diario Oficial de Galicia o 11 de febreiro. A protección transitoria permitirá a comercialización destes produtos baixo o amparo da súa Indicación Xeográfica Protexida (IXP) nos casos da castaña, grelo, tarta de Santiago, botelo e androlla, e Denominación de Orixe (D.O.) para os pementos. A protección so será aplicable en España mentres se tramita en Bruxelas a súa inscrición no rexistro comunitario.

Suárez Canal indicou que o cultivo do castiñeiro é un bo complemento económico para os agricultores e gandeiros galegos, asegurando que segundo os datos de que dispón o propio sector “unha hectárea de castiñeiro ben valorizada podería producir, a partir dos 15 anos, arredor de 6.000 quilos de castaña anualmente, o que se traduce nuns ingresos pola súa venda de aproximadamente 10.000 euros para os propietarios dos montes“.

O conselleiro de Medio Rural aproveitou para pór de manifesto a importancia que teñen as denominacións de calidade na conta de resultados do sector primario galego, “xa que xeran un valor económico anual superior aos 260 millóns de euros“, e subliñou que, “malia a crise económica mundial na que estamos inseridos, as producións galegas están a manter e mesmo a incrementar o seu nivel de vendas“. Neste sentido, indicou que nalgúns sectores como o viño, “son as denominacións de orixe galegas as que están tendo un mellor comportamento dentro do mercado estatal xa que, durante 2008, viron incrementada a súa cota de mercado nun 4,6%, sobre todo no subsector da alimentación, pero tamén na hostalaría, fronte a un descenso xeneralizado do conxunto das denominacións do Estado, que perderon un 3,3 de cota de mercado.” Esta tendencia positiva, mesmo en tempos difíciles, atribúea o conselleiro ao esforzo realizado por produtores e industrias na mellora continua dos seus procesos produtivos e na introdución da tecnoloxía e a innovación, pero tamén ao apoio decidido da administración galega a estas producións.[lang_gl][lang_es]Las castañas, los pimientos de Herbón, O Couto, Oímbra y Arnoia; los grelos, la tarta de Santiago, el botelo y la androlla tendrán protección transitoria este mismo año, según declaró el conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, en la clausura de Xantar, que cerró sus puertas el domingo.

La castaña será el primero de estos productos que disfrute de la protección transitoria, ya que el conselleiro anunció que su reglamento se publicará en el Diario Oficial de Galicia el 11 de febrero. La protección transitoria permitirá la comercialización de estos productos bajo el amparo de su Indicación Geográfica Protegida (IGP) en los casos de la castaña, grelo, tarta de Santiago, botelo y androlla, y Denominación de Origen (D.O.) para los pimientos. La protección solo será aplicable en España mientras se tramita en Bruselas su inscripción en el registro comunitario.

Suárez Canal indicó que el cultivo del castaño es un buen complemento económico para los agricultores y ganaderos gallegos, asegurando que según los datos de que dispone el propio sector “una hectárea de castaño bien valorizada podría producir, a partir de los 15 años, alrededor de 6.000 kilos de castaña anualmente, lo que se traduce en unos ingresos por su venta de aproximadamente 10.000 euros para los propietarios de los montes”.

El conselleiro de Medio Rural aprovechó para poner de manifiesto la importancia que tienen las denominaciones de calidad en la cuenta de resultados del sector primario gallego, “ya que generan un valor económico anual superior a los 260 millones de euros”, y subrayó que, “a pesar de la crisis económica mundial en la que estamos insertados, las producciones gallegas están a mantener e incluso a incrementar su nivel de ventas”. En este sentido, indicó que en algunos sectores como el vino, “son las denominaciones de origen gallegas las que están teniendo un mejor comportamiento dentro del mercado estatal ya que, durante 2008, vieron incrementada su cuota de mercado en un 4,6%, sobre todo en el subsector de la alimentación, pero también en la hostelería, frente a un descenso generalizado del conjunto de las denominaciones del Estado, que perdieron un 3,3 de cuota de mercado.”. Esta tendencia positiva, incluso en tiempos difíciles, la atribuye el conselleiro al esfuerzo realizado por productores e industrias en el avance continuo de sus procesos productivos y en la introducción de la tecnología y la innovación, pero también al apoyo decidido de la administración gallega a estas producciones.[lang_es]

ACTUALIZACIÓN: [lang_gl]Texto do regulamento da IXP Castaña de Galicia[/lang_gl][lang_es]Texto del reglamento de la IGP Castaña de Galicia[/lang_es]

You may also like...

Add a Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *