January 22nd, 2009Fallados en Lalín os Premios Galicia de Gastronomía
Os premios gastronómicos máis prestixiosos que se conceden en Galicia ocupan esta semana aos dous xurados encargados dos mesmos. O mércores 21 correspondeu a elección dos restaurantes galardoados nos Premios de Gastronomía de Galicia e o venres fállase o Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro.
O cociñeiro radicado en Ourense Flavio Morganti (restaurante Galileo, Pereiro de Aguiar, Ourense) é o galardoado co premio de gastronomía pola súa achega e potenciación da cociña galega. Sen dúbida o éxito do seu libro Vacas, con repercusión non so en Galicia e España senón tamén a nivel internacional, estará detrás do galardón. Tamén foi galardoado o Mesón Galego Antoxos de Torremolinos (Málaga) pola súa promoción da cociña galega en España. Finalmente foi distinguido o labor da IXP Lacón Galego.
Tamén se outorgaron os galardóns dedicados a recoñecer o labor de toda unha vida á fronte dos fogóns, que corresponderon a Matilde Rodríguez (restaurante Don Quijote, Santiago de Compostela), María Fouz (de O Recuncho de Pepe e María, Castroverde, Lugo), Rosario Sandianes (de Pazo de Monterrei, Pereiro de Aguiar, Ourense) e Victoria Eugenia García (restaurante Casa do Manco, Agolada, Pontevedra). Como ven sendo habitual, os recoñecementos ao labor de toda unha vida recaeron un ano máis en catro mulleres, deixando patente a importancia das mesmas á fronte das cociñas dos restaurantes máis tradicionais de Galicia.
Foto: Flavio Morganti e Martín Berasategui, na presentación da marca de calidade Vac.1
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico






22 January 2009 a las 22:53
agradecer de corazon el apoyo costante y cariñoso que siempre habeis tenido hacia mi persona y restautrante
sin palabras ….gracias y a vuestra disposicion
flavio