Eva Mínguez, do consello regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas fala sobre a presenza do C.R. en MadridFusión por primeira vez e da cata na que 70 representantes de medios de comunicación estranxeiros poderán coñecer os viños premiados na Cata das Anadas que recentemente celebrou a D.O. con participación de viños de anadas anteriores á última.
Preme para escoitar o podcast
A gran icona da cociña do peixe: a Pescada de Celeiro foi o título da ponencia coa que onte pechou o primeiro día de MadridFusión. Unha ponencia impartida polos cociñeiros Xosé Cannas (restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe, Poio, Pontevedra), Ana Gago (restaurante Casa Pardo, A Coruña) e Marcelo Tejedor (Casa Marcelo, Santiago de Compostela).
Acabado de levantar da cama pillamos a Xosé Cannas, que na gravación adxunta nos explica que realizou dous platos de pescada: á galega e con grelos.
Preme para escoitar o podcast