January 19th, 2009Iago Castrillón, a dous días da hora H
Iago Castrillón, cociñeiro do restaurante Ácio (Santiago de Compostela) é un dos seis participantes na fase de selección para elixir ao representante español no Concurso Internacional C3 Circle De Chef, patrocinado por Valrhona.
Como nos dixo por teléfono xa se atopa en Madrid con intención de comezar a preparar o martes a súa participación no concurso, que terá lugar o mércores 21.
Segundo nos indica o cociñeiro, comezarán a traballar pouco despois das oito da mañá para ter todo rematado pasadas as once. Pola tarde comparecerán ante o xurado e a partir de media tarde do mércores agarda coñecer o resultado do concurso.
Nesta fase española do Concurso Internacional C3 Circle De Chef, patrocinado por Valrhona participa un total de seis cociñeiros, dos cales dous son galegos, xa que ademais de Castrillón está presente no mesmo Xesús Hevia, de Casa Pardo (A Coruña).
Preme para escoitar o podcats
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico






19 January 2009 a las 22:49
Excelente iniciativo esto de los podcast-entrevista! Ahora escucho el resto… por cierto suerte a Iago!