Ariel MendizabalOs días 25 e 26 de xaneiro un galego, Ariel Mendizábal, representará a España no Campionato do Mundo de Pastelería 2009, encabezando un equipo do que forman parte Jordi Bordás Santacreu e Makito Hiratsuka.

O campionato terá lugar no marco do Salón Internacional da Restauración, Hostelería e Alimentación (Sirha), que se celebra en Lyon (Francia) do 24 ao 28 do presente mes de xaneiro.

Cada equipo participante deberá preparar unha sobremesa típica do seu país, así como unha preparación con chocolate (Valrhona é un dos patrocinadores), un xeado con puré de froitas Ravifruit (tamén patrocinador) e unha escultura en xeo.

Ariel Mendizábal, da pastelería-bombonería Doriel (Vilaboa, Culleredo) é o mellor especialista galego en chocolates, tendo gañado en 2005 a final española da World Chocolate Master. Hai preto dun ano Colineta publicaba unha ampla semblanza do noso representante no Campionato do Mundo de Pastelería