January 13th, 2009Gin tonic de farmacia
Andaba cunha certa dor de cabeza así que busquei un comprimido de paracetamol entre as medicinas e non había nada. Pero atopei uns sobres de granulado efervescente que non eran máis que paracetamol, ademais de tódolos ingredientes precisos para conseguir que ferva, e aroma de limón.
Pero ese aroma de limón mesturado co resto de ingredientes daba como resultado final un recendo e sabor de gin tonic, dun gin tonic moi suaviño, lixeiramente amargue. Vaia, que a próxima vez que teña dor de cabeza poñereille dúas pedras de xeo
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico






14 January 2009 a las 10:41
A historia recordoume a un coñecido, farmacéutico, que en caso de necesidade facía os combinados con xenebra e Redoxón sabor laranxa. Se ben é certo que a súa muller non se quedaba atrás e para acompañar o trago podía preparar unha tortilla “express” de patacas chips. Toda unha precursora de Adriá.
15 January 2009 a las 19:05
Sencillamente, genial