January 10th, 2009O peche de Toñi Vicente, unha primicia de Colineta
Coa publicación da noticia do peche de Toñi Vicente Colineta volveu a adiantarse a todos coa primicia.
Colineta publicaba a lamentable nova ás 18:45 horas da tarde do 9 de xaneiro e pouco despois o post quedaba colgado na portada da edición dixital de La Opinión Coruña. Tres horas máis tarde facíase eco da mesma Gourmet de Provincias (gracias polo enlace). Na media noite era o blog de Santiago Siete o que se facía eco da nova (gracias outra vez) e a primeira hora desta mañá La Opinión levaba a nova, ampliada, á súa sección de Sociedad.
Polo momento (nove da mañá do 10 de xaneiro) non atopamos ningún outro medio que publique a nova, que posiblemente se xeneralice ao longo da fin de semana.A nova publicada arredor das seis da mañá de hoxe en La Opinión Coruña aparece unha hora despois na portada do dixital de Faro de Vigo (son do mesmo grupo ambos xornais).
Tamén na madrugada a nova apareceu en Xornal.com
Esquecera dicir que arredor das nove da noite de onte a nova aparecía na portada de Chuza (gracias, Orsinia, por chuzarme)
Pasadas as seis da mañá a web de Galicia-Hoxe tamén recolle a nova, inda que dándolle estrañas voltas. A web do restaurante sigue desaparecida e o teléfono nin da ton de chamada na mañá do sábado
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico






10 January 2009 a las 20:43
[…] Non é a fin do triste episodio, desde logo. O remate será coa sentencia dos tribunais. Pero sen facer ruído, sen unha soa declaración pública formal desde a súa detención (só fixo unhas breves impresións na porta dos xulgados de Ferrol e na comida homenaxe celebrada no seu restaurante), Toñi Vicente pechou o seu emblemático restaurante compostelano con discreción, como adiantou Colineta. […]
10 January 2009 a las 22:05
Ás 19:49 a edición dixital de El Mundo publica a nova con extractos dun comunicado da cociñeira http://www.elmundo.es/elmundo/2009/01/10/espana/1231613372.html
10 January 2009 a las 22:24
Xenial o titular de El Mundo sobre as “ostras tóxicas”.
10 January 2009 a las 22:38
Gracias Centola, polo teu comentario, que me fixo caer na conta de que tiña mal configurado o horario do blog e nos comentarios aparecía unha hora máis tarde que a real. Iso significa que o post de onte o publiquei unha hora antes do que digo hoxe, é dicir, ás 17:45 horas.
10 January 2009 a las 23:24
Baixa modesto, que sube Colineta. Está moi ben que se lle dea ao César o que é do César, pero é unha mágoa que os bos blogueiros caian no vicio tan propio do xornalismo tradicional de contemplar con sorriso o seu propio embigo. Pensaba que nun mundo de sobreabundancia informativa, as exclusivas estaban pasadas de moda.
En fin, en todo caso, noraboa pola nova.
10 January 2009 a las 23:34
O que queiras Centola, pero busca e se atopas alguén que o publicara antes ca min xa mo dirás. E aquí ninguén fala de exclusivas, senón de primicias, é dicir, de ser o primeiro en publicar a nova.
Por certo, se caio no vicio ese que ti dis igual é porque son xornalista antes que blogueiro, vaia, uns 25 anos antes.
11 January 2009 a las 3:10
En absoluto dubido de que non deras a primicia. Todo o contrario, e en todo caso, noraboa por iso, que quede claro. Só opino, xa que me das a oportunidade, que sempre me pareceron pouco elegantes esas reafirmacións de exclusividades e primicias, tan propias nos medios de comunicación. Para min, o mérito do ‘que’ dixeches está moito por riba de ‘cando’ o dixeras.
Por se vale de algo, eu entereime desta nova na edición dixital dun xornal, e o primeiro que fixen foi visitar blogs gastronómicos como este para ampliar a información. Para min, persoalmente, é o valor que tedes. Non pretendo atopar en vós primicias (se as hai, pois mellor) senón información de interese que non aparece noutros medios, como toda a cobertura que fixestes do caso das vieiras. Nun contexto onde a información se replica en segundos, impórtame ben pouco quen sexa o primeiro en dala, prefiro que sexa de interese.
En todo caso, perdoa se ofendín nalgo.
11 January 2009 a las 9:23
Non hai ofensa, Centola. Un vello amigo meu dicía: Non me digas o ben que o faigo, que xa sei que son o mellor. Dime onde fallo, para mellorar aínda máis.