Levaba tempo o rumor na rúa e esta semana confirmouse: Toñi Vicente pechou o seu restaurante en Santiago de Compostela. Este mediodía o local estaba pechado e un par de persoas sacaban caixas do mesmo. Inda que os rótulos continuaban no seu sitio, as cartas desapareceran da cristaleira onde sempre estaban e as cortinas que dan á Avenida de Coruña foran substituídas por papel pegado aos cristais. Na web do restaurante non hai ningunha explicación porque en realidade xa non hai web.

Algúns desalmados, que os hai, brindarán pola nova que me parece moi negativa, xa non só para Toñi Vicente e tódalas familias afectadas polo peche, senón para a gastronomía galega en xeral.

Alí onde vaia Toñi terá sempre a miña admiración e seguirá a ser a gran dama da gastronomía galega