A denominación de orixe protexida San Simón da Costa conta xa co recoñecemento da Unión Europea despois de que o pasado día 11 o Diario Oficial da Unión Europea publicara o regulamento polo que se inscribe no rexistro de denominacións de orixe protexidas e indicacións xeográficas protexidas.

O San Simón da Costa é un dos queixos máis peculiares de Galicia. Producido con leite de vaca na zona de Vilalba (Lugo), o queixo afúmase con madeira de bidueiro (sen casca para que non lle dea amargor) e cúrase durante un período mínimo de 45 días, inda que xa existe no mercado o queixo con 90 días de curación e se fan probas con 180, quesería nos explicou hai pouco en Arroz con Chícharos (Cadena Ser Galicia), unha representante da quexería Prestes.

Para non repetirme sobre o asunto, remito ao lector á reportaxe que publiquei recentemente na revista Origen. E os amantes da poesía poden ler as palabras que a este queixo lle dedicou o poeta Manuel María

O Castro  y la Frouseira
Hoxe fai 525 anos que a cabeza do Mariscal Pero Pardo de Cela rodaba pola praza da Catedral de Mondoñedo. Ou polo menos iso din as lendas, que algúns historiadores, como Francisco Mayan, aseguran que daquela a pena de morte xa se aplicaba con garrote. Decapitado ou agarrotado, o caso é que o 17 de decembro de 1483 Pardo de Cela era axustizado en Mondoñedo, despois de resistir un longo asedio das tropas enviadas polos Reis Católicos. A Frouseira nunca foi vencida e fixeron falta 22 criados traidores para franquear a entrada á fortaleza dos soldados reais e para delatar a presenza do Mariscal nunha casa do Castro, ao pe da outra fortaleza que posuía no Valadouro. So un dos 22 traidores era orixinal do Valadouro. No Valadouro quedan as lembranzas do Mariscal na torre do Castelo do Castro, que se ve na foto, e rastros da fortaleza da Frouseira, no alto do pico do mesmo nome, tamén na foto. Outras construcións da mesma época considéranse propiedade entón do Mariscal, e ata falan de que o lugar de Cendemil, na parroquia de Santa Cruz, foi escenario dunha batalla na que so quedaron con vida cen de mil guerreiros participantes. ¿E qué comería Pardo de Cela?. Esa pregunta róldame a cabeza dende hai anos. A información coñecida sobre a alimentación daquela época no norte de Lugo é escasa, por non decir nula, pero un día eu imaxinei a Don Pero comendo chacina dos moitos cabalos galegos que hai polos montes que circundan o Valadouro, congro cecial dos mares de Foz e Viveiro e pastelón de pichón, un prato que non atopará en ningún restaurante, por desgraza para vostede. O Antoxo do Mariscal é de creación reciente. Aquí deixo algunhas fotos do Castro e a Frouseira e a recomendación de que se pasen por alí

Segundo recolle hoxe a edición galega de El País, unha investigadora galega, Sonia Pérez, está a piques de conseguir desalcoholizar un viño castelán que espera sacar ao mercado baixo a marca Raisin. E hai máis proxectos que se poden ler na nova orixinal.

Resulta estraña a afirmación de que se trata do primeiro viño sen alcohol, cando no mercado español existen xa dous semellantes, polo menos: Eminasin, do Grupo Matarromera, que recoñece unha graduación de 0,5º, e Natureo, un moscatel de Torres que afirma conter menos de medio grado de alcohol.

Falta, como pasou nas cervexas, que cheguen os viños cero-cero, que non sei se será o caso da investigación desta galega.

En Francia o asunto do viño sen alcohol leva máis de dous anos de moda, como se pode ler en El Mundo do 25-10-2006.

Respecto á denominación do produto, que eu escribo en cursiva, é interesante ler a nota que Torres inclúen na súa web respecto do Natureo:

“Nota: Natureo es una bebida desalcoholizada por lo que legalmente, no se puede considerar un vino.”

Actualidad

    sígueme en Twitter

    © 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura