Nin había cocacola para todos nin me colei na festa, que estaba convidado. Pero si que me colei na cociña (e fun o único) antes de que comezara a presentación da Chef’s Big Band do Grupo Nove. Pica na foto para ver algunhas das imaxes do acto

Con frecuencia os profesionais do xornalismo gastronómico poñen a parir aos blogs do sector por considerar que detrás dos mesmos hai unha panda de indocumentados. Eu, que como se pode comprobar publico un blog gastronómico, non podo estar de acordo coa opinión dos meus colegas, e digo colegas porque tamén son un xornalista gastronómico que publica en medios convencionais.

Non comparto esa opinión porque non separa o gran da palla, que certamente hai moita entre os blogs do sector. O máis común nesta palleiro é falar do oídas do que non se sabe ou non se coñece, que me parece é o que sucede hoxe cun post sobre os 100 puntos outorgados pola Guía Proensa a Do Ferreiro Cepas Vellas, publicado en Directo al Paladar.

Agardo sinceramente que isto sexa froito da ignorancia. Porque senón tería que pensar en que se trata de mala fe.

ACTUALIZACIÓN: Durante case 40 minutos neste mesmo post estivo un texto amparado por unha licenza Creative Commons que eu non podía reproducir sin incumplir dita licenza. O motivo é que en Colineta hai publicidade e inda que citaba a súa procedencia incumpría a licenza. Un amigo blogastónomo avisoume da incorrección e de inmediato procedín a eliminar dito texto.

A “Chef’s Big Band” do Grupo Nove fixo soar na tardiña de onte os seus instrumentos nunha jam session celebrada na espléndida cociña do restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe, ante varias ducias de convidados que recolleron coas súas propias mans a música dos cociñeiros para levala á boca e disfrutar de espléndidas ostras con escuma de escabeche, moegas de tenreira con uvas e queixo de San Simón, cremoso de bacallau con pasas, renxente de grelos, chicharróns e tetilla, pastel de cabracho e ourizos, unlla de porco celta con gambas, canelon de faisán con trufa, escuma de anchoas sobre renxente de pan, torrixa ao forno con xeado de vainilla ou biscoito de chocolate gianduja e nata recheo de trufa líquida e améndoas. Amenizou a festa un cuarteto de jazz.

Lee el resto de esta entrada »

Por primeira vez un viño branco acada a máxima puntuación (100 puntos) na Guía Proensa, elaborada por lo xornalistas especializado Andrés Proensa dende 2002. O mérito de que os brancos acaden puntuacións ata o de agora reservadas aos tintos é dun Rías Baixas: Do Ferreiro Cepas Vellas’07, elaborado polo adegueiro de Meaño Gerardo Méndez Lázaro.

Segundo se pode ler en Soitu, nunha información de EFE, tamén acadaron a máxima puntuación da guía tres tintos da Rioxa e un da Ribera de Duero, dunha adega tan mítica como é Vega Sicilia.

Esta mesma semana (6 de decembro) Chicagoist propoñía o Do Ferreiro Cepas Vellas coma un viño que so uns poucos privilexiados poden degustar na cidade de Obama

Actualidad

    sígueme en Twitter

    © 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura