- ¿Dous medios de que?
- Pois un de 43 e outro de Fockink.
A conversa, absolutamente real ata a última palabra, tivo lugar en calquera festa de verán de calquera parroquia na Mariña de Lugo aló polos comezos da década dos setenta do século pasado, cando os medios eran unha forma habitual de aproveitar por completo o contido das botellas de Coca Cola, que minguaron co paso do tempo e acabaron cun costume que podería volver agora que xa se atopan nos establecementos hostaleiros as novas botellas de 330 centímetros cúbicos.







