November 21st, 2008O Campus Stellae do sur
© Colineta, 21-11-2008.-Ata esta mesma semana o punto de gravidade da cociña das estrelas galegas debía andar por Beorobe, no concello de Tordoia, un nome curioso que sílaba a sílaba pronúnciase o mesmo de esquerda a dereita que de dereita a esquerda, que está máis ou menos no medio da Coruña (dúas estrelas Michelín ata onte mesmo), Santiago de Compostela (mesmo número de estrelas) e Santa Comba (unha).
Pero a concesión dunha estrela a Pepe Vieira Camiño da Serpe e a perda das de Playa Club (A Coruña, que quedan con unha) e Toñi Vicente (Santiago, que queda con outra), fixo que ese punto de gravidade se trasladara moito máis ao sur e agora debe andar por algún lugar do concello de Meaño, cunha estrela ao norte (Yayo Daporta, en Cambados), dúas ao sur (Casa Solla e Pepe Vieira en Poio, que se converte no concello galego máis estrelado) e unha cuarta ao sur oeste (A Taberna de Rotilio, en Sanxenxo). O novo Campus Stellae galego está a cabalo das rías de Arousa e Pontevedra
Ver mapa más grande
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico






22 November 2008 a las 21:22
Beorobe é, ademáis, un nome de resonancia xermánica ou mesmo prerromana ó que lle acaería estupendamente o centro xeográfico da gastronomía galega, un lugar da máis antiga tradición galaica.