© Colineta, 21-11-2008.-Un delicioso pan de noces, elaborado con mestura de diversas fariñas, mercado en Santiago de CompostelaMáis fotos de pan en Flickr
© Colineta, 21-11-2008.-Son moitas as fotos que onte fixen no Pepe Vieira Camiño da Serpe con motivo da presentación da subhasta de viños e arte que terá lugar en decembro. Pero estas tres gústanme especialmente:
Dende hai algunhas semanas estou subindo á miña conta de Flickr algunhas dos moitos miles de fotos que acumula o meu disco duro. Alí están para compartir con todos e gustosamente cederei o uso de calquera delas a quen o solicite, sempre que sexa para uso non comercial
© Colineta, 21-11-2008.-Ata esta mesma semana o punto de gravidade da cociña das estrelas galegas debía andar por Beorobe, no concello de Tordoia, un nome curioso que sílaba a sílaba pronúnciase o mesmo de esquerda a dereita que de dereita a esquerda, que está máis ou menos no medio da Coruña (dúas estrelas Michelín ata onte mesmo), Santiago de Compostela (mesmo número de estrelas) e Santa Comba (unha).
Pero a concesión dunha estrela a Pepe Vieira Camiño da Serpe e a perda das de Playa Club (A Coruña, que quedan con unha) e Toñi Vicente (Santiago, que queda con outra), fixo que ese punto de gravidade se trasladara moito máis ao sur e agora debe andar por algún lugar do concello de Meaño, cunha estrela ao norte (Yayo Daporta, en Cambados), dúas ao sur (Casa Solla e Pepe Vieira en Poio, que se converte no concello galego máis estrelado) e unha cuarta ao sur oeste (A Taberna de Rotilio, en Sanxenxo). O novo Campus Stellae galego está a cabalo das rías de Arousa e Pontevedra
Ver mapa más grande





