November 19th, 2008O incerto señor Don Pepe Vieira
© Colineta, 19-11-2008.- “O incerto señor Don Pepe Vieira” era o título dun artigo que pensaba escribir, e nunca o fixen, cando dez cociñeiros galegos foron ensinar as súas habilidades ao comedor da ONU, en Nova York, da man da Xunta de Galicia.
Daquela dábase a circunstancia curiosa de que algúns xornais galegos falaban de dez cociñeiros e de seguido enumeraban once nomes. Alí estaban, entre outros, Xosé Cannas e Pepe Vieira. Quede claro por adiantado que non son o mesmo.
Hai poucas semanas, con motivo do Forum del Mar de Cambrils falaba con Xosé deste asunto. “Ás veces pregúntanme: ¿ti eres Pepe?”, dicía o cociñeiro, “e por educación contesto que si, pero eu son Xosé”. Porque en realidade Pepe Vieira foi o avó de Xosé e Xoán Cannas, que hoxe están de noraboa pola merecida estrela Michelín que acaban de conseguir.
A confusión entre o nome do restaurante de Poio e o seu cociñeiro non acaba aí. Se leron onte Colineta verían que na Coruña preparan unha gran cea-desfile na que participarán dez cociñeiros galegos, entre os que se volveu colar Pepe Vieira, un home, que como tanto outros grandes homes, acada a gloria despois de morto.
Agora que xa ten a Michelín, a Xosé xa so lle falta que lle cambien o outro apelido polo de Camiño da Serpe e deixará de ser para sempre Xosé Torres Cannas (si, con Torres polo medio) para ser “Pepe Vieira Camiño da Serpe”. Cómese ben na casa deste home.
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico






19 November 2008 a las 19:54
López ou Torres?
19 November 2008 a las 20:38
Tes razón, Cesare, Xosé e Xoán apelidánse Torres Cannas e non López Cannas, como eu publiquei, erradamente, ao comezo. Gracias a túa indicación xa amañei o erro no texto do post.
19 November 2008 a las 21:46
E se sumamos que Capel lle chama Xoxe e que Regol lle chama Cañas, temos a un terceiro en discordia: Xosé Torres Cannas, Pepe Vieira e Xoxe Cañas.
19 November 2008 a las 21:49
O de Xoxé é curioso. Eu teño un amigo galego de toda a vida, galego falante de aldea, que ao antigo tenente de alcalde de Ames tamén lle chamaba Xoxé e non había quen o baixara da burra.
3 December 2008 a las 3:18
A mandar!