Los nabos de Alonso de Fonseca

© Colineta, 9-11-2008.- Semella que Alonso de Fonseca cabila en cómo chegaron ata o xardín que el preside no pazo que leva o seu nome estes nabos floridos do primeiro plano. Son responsables os organizadores da exposición Da natureza á cociña. Historia das plantas das nosas hortas, na que se poden ver exemplares vivos, así coma os seus froitos, de plantas que habitualmente se atopan nas hortas galegas. Videos e paneis complementan a exposición. Picando na foto accedes á miña conta de Flickr, onde se poden ver outras imaxes desta exposición… e moito máis