© Colineta, 9-11-2008.- Esperto cunhas declaracións de Ferrán Adriá recollidas pola axencia Efe e reproducidas en Faro de Vigo afirmando que polo que cobran ninguén é capaz de facer unha hamburguesa mellor que as de McDonald’s. “Solo he estado tres veces en McDonald’s en mi vida y hace una eternidad que fui la última vez” declarou.

Un crack mediático como Ferran debería ter mais coidado co que di, primeiro porque non parece razoable falar de algo do que hai “unha eternidade” que non ten información de primeira man e, segundo, porque hai centos, ou miles, de locais por España adiante que demostran que polo mesmo prezo da multinacional norteamericana, e ata por menos, se poden facer hamburguesas bastante mellores. Non me atrevo a dicir que boas, pero dende logo moito mellores que as do McDonald’s. Xa veremos canto tardan os da multinacional en empregar na súa promoción as declaracións do cociñeiro