© Colineta, 9-11-2008.- Hai uns anos Galicia viviu unha explosión dos cursiños de galego nos que fundamentalmente participaban funcionarios da Xunta e opositores que co correspondente título acumulaban algún punto adicional. Traballando na Xunta, inda que sen ser funcionario, un día deume por apuntarme a un daqueles cursos de iniciación, do que non aproveitei gran cousa (galegos falantes e escribentes mesturados con salmatinos acabados de chegar ao mundo do galego non é o mellor sitio para aprender gran cousa, especialmente para os primeiros). Pero foi divertido.
© Colineta, 9-11-2008.- Feiraco, a empresa láctea galega máis activa no mundo da investigación e desenvolvemento de novos produtos (lembren o seu Laban, o Yogu+ e agora o leite con omega 3 natural) está a desenvolver unha campaña de promoción do leite Unicla polo que reembolsa aos consumidores o importe de catro cartóns de leite con so remitir á firma láctea os códigos de barras. As bases da promoción, así como información adicional sobre o leite pódese atopar na web montada especialmente por Feiraco para este produto.
Doutra banda, a compañía está a remitir ultimamente mostras do leite a blogs gastronómicos para coñecer a opinión dos seus responsables. Colineta tivo a primicia do lanzamento, e do proba do propio produto, no pasado mes de agosto, e unha vez máis teño que dicir que Feiraco se está a converter nun exemplo a seguir pola industria láctea galega, que so con imaxinación poderá competir nun futuro cos xigantes europeos do sector





