© Colineta, 29-11-2008.- Falan na Cadena SER sobre a tortilla de pataca. Montse Domínguez, titular do programa, Sergi Arola, cociñeiro residente e José Carlos Capel, convidado como autor dun libro sobre a tortilla.
“A min gústame ben feita”, ven a dicir Montse, ao que Arola contesta que el é partidario das tortillas do norte, celmosas, fronte aos mazacotes do sur. Na súa quenda, Capel decántase polo que denomina “escuela gallega” e de seguido pasa a explicar cómo se fai a tortilla en Galicia. Frítense patacas chips (literalmente emprega ese termo) e douradiñas e despois déixanse moito tempo no ovo para que se esponxen e abranden.












