Sofía Prieto, natural de Burela e alumna de hostalería no IES de Foz, clasificouse na terceira posición do III Concurso Nacional de Baristas, que tivo lugar a pasada fin de semana no marco da feira Hostelco, celebrada en Barcelona.

Sofía, que foi a única muller na final, elaborou un “Escumoso de queimada con café” (queimada e café servidos cun sifón, de maneira que imita a un escumoso) e un cóctel sen alcohol que denomina “Lusco e fusco” e está composto por café, xarope de café, nata e chocolate branco.

Semella que 2008 é o ano das mulleres galegas na hostalería, despois de que Beatriz Sotelo se proclamara, tamén en Barcelona, “Cociñeira do Ano”, do triunfo de Inés Abril no Campionato de Cociñeiros de Galicia y da viguesa Laura Nieto no Campionato de Canarias, que agora se completa co triunfo de Sofía entre os baristas.

Na foto, de esquerda a dereita, Honorio García, de Euskadi (2º premio), Javier García, de Euskadi (campión) e Sofía Prieto, 3ª clasificada

De Colineta

Aclaremos antes de nada ese “case”: no Valadouro os callos fanse preferentemente con panza de porco, e como por aquí non se consegue, estes fixéronse con callos de tenreira. O demais, como no Valadouro.

Lee el resto de esta entrada »

Actualidad

    sígueme en Twitter

    © 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura