O “reverenciado” (lean as aspas cun deixe de ironía) fala hoxe de Casa Marcelo en El País Viajero. Comparto a súa opinión de que a pescada de Celeiro con caldo de pementos (e pil-pil de limón, que é a causa da acidez) é un prato memorable. O mellor de cantos lle probei a Marcelo.
Pero non estou de acordo nas súas descualificacións do tomate kinder e a vieira con ramallo de mar. Son testemuña (pasou na miña mesa) de que co kinder Marcelo consegue que lle gusten os tomates ata a quen en condicións normais non os soporta. E a combinación da vieira coa alga resulta lixeira pero moi interesante.
Claro que Capel sempre ten que dar unha de cal e outra de area.
Definitivamente, o 




