Terrina de foie, setas de temporada, ensalada de anisadosÁlvaro Villasante, cociñeiro do restaurante Paprica, de Lugo, remíteme algunhas das súas propostas para o outono, cunha ensalada de amorodos, anchoas e parmesano¸ seguida de Terrina de foie con setas de tempada e ensalada de anisados e Mousse de arroz con leite, xelificado de cítricos e tella de vainilla.

Paprica foi un dos finalistas do recente Concurso de Tapas de Lugo, ao que presentou unha tapa de bonito do norte, tomate e cristal de pataca