Entre tanta testa infantil busquen unha fronte despexada e atoparán ao noso Wally: Xosé Cannas ou o incerto señor don Pepe Vieira, que sona, e con intención, a obra dramática de Álvaro Cunqueiro.
Imaxino que Cannas trababa de explicar aos rapaces a maneira de enfornar as galletas sen queimar as mans. Foi no marco dun taller de cociña para nenos organizado na Aula de Cociña Sana e de Calidade de Caixanova, incluído no programa de actividades do Salón das Denominacións de Orixe e Delicatessen, que terán lugar en Vigo do 21 ao 23 de outubro






