October 4th, 2008Porco e luras, triunfadores no Concurso de Tapas de Lugo
Cocidos con algunhas variacións sobre o tradicional, orella de porco con foie e guiso de luras son os gañadores dos premios concedidos polo xurado no 4º Concurso de Tapas de Lugo.



Ás dez da mañá facía frío en Lugo, pero os membros do xurado finalista da cuarta edición do Concurso de Tapas da cidade das murallas rápido entramos en calor, xa que un dos premios que había que decidir era o da maridaxe con viño da Ribeira Sacra, que tivemos que probar en oito ocasións no transcurso da mañá, xa que outras tantas eran as tapas que chegaron á final, dun conxunto de 40 participantes.
Ao final as cousas estiveron moi claras para o conxunto do xurado e os primeiros premios corresponderon ao Guiso de luras con escuma de fabas presentado polo Mesón de Alberto na categoría de tapa tradicional e ao Porco celta: imaxinando un cocido da cervexería La Estrella na categoría de tapa creativa.
Os segundo premios foron para Almorzo no chanto, do Ikebana Bar (tapa tradicional) e a Orella de porco reenchida de foie con redución de viño da Ribeira Sacra, do restaurante parrillada O Ventorro (tapa creativa).
A orella de porco con foie recibiu ademais o premio ao mellor maridaxe con viño da Ribeira Sacra.
Houbo un bo nivel nas oito tapas que chegaron á final, inda que con algún altibaixo, pero tamén se puido apreciar o que está a suceder case sen excepción en tódolos concursos de tapas de Galicia: a indefinición no que é tradicional e creativo. No caso de Lugo foron os propios hostaleiros os que incluíron as súas tapas nunha das dúas categorías establecidas, dándose o caso que unha tapa de cocido está na categoría de creativa máis que nada pola forma de presentalo mentres que outra da categoría tradicional leva entre os seus compoñentes unha escuma. E practicamente as mesmas consideracións se poden facer respecto das restantes tapas finalistas, así que de cara a novas edicións habería que pensar en definir nas bases o que é creativo e o que é tradicional.
AMPLIACIÓN: os premios do público foron para o Segredo de polbo do Mesón da Pelusiña e o Almorzo no Chanto de Ikebana Bar. Os curiosos poden ver parte do xurado en acción, concretamente no restaurante Paprika, no Progreso do sábado (páxina 4). Rodéanme Rodrigo Roza, gañador do Concurso Nacional de Tapas de Valladolid en 2007 e unha das organizadoras
Fotos, de arriba abaixo: Almorzo no chanto, Guiso de luras, Imaxinando un cocido, Orella con foie
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico






5 October 2008 a las 0:24
Una pena ya que no pude asisitir y eso que es un evento que me queda cerca.
Respecto al tema de creativo y tradicional, yo creo que debería de ser el propio jurado el que determinase en que categoría se englosan.
Mañana fiesta de la faba.
Esa si que no me la pierdo !
5 October 2008 a las 10:00
Yo también creo que debe ser el jurado quien coloque la tapa en una categoría u otra, pero tal y como está el panorama va a haber que dejar claras las cosas antes de comenzar: las espumas, esferificaciones, etc. no son tradicionales, por lo tanto no deberían estar permitidas en esa categoría. Pero tampoco creo que deba considerarse creativa una tapa de pulpo á feira solo porque los trozos de pulpo vayan pinchados en una brocheta, alternados con patatas y adornado servido sobre una concha plana de vieira (la tapa es inventada, pero algunos la considerarían creativa). La cosa es más complicada de lo que parece.