“Tus conservas” é o novo espazo de Canal Cocina que se emitirá ao longo dos próximos seis meses, protagonizado polo cociñeiro galego Pepe Solla, segundo indica a web do Grupo Nove.
Solla realizará 22 programas dedicados ás conservas, nos que ensinará tanto a preparar conservas na casa como a cociñar posteriormente coas mesmas.
Segundo a web de Canal Cocina o programa está en pantalla dende hoxe mesmo. De luns a venres podera verse ás 11 ás 17 e ás 20,30 horas. Os sábados e domingos ás 14,30, 19 e 00,30 horas.





