September 28th, 2008Pandemonium anuncia menú de crise e servizo de catering
A mal tempo… solucións rápidas. Tal parece pensar Antonio Botana, cociñeiro e propietario do Pandemonium (Cambados) que xa anuncia un novo menú para tempos de crise, do que falaremos no seu momento, posto que a presentación do mesmo anúnciase para comezos de outubro. Os nosos petos hanllo agradecer, seguro.
E mentres agardan polo novo menú, Botana pon a disposición de quen o precise o seu novo servizo de cátering, preparado para ofrecer calquera servizo, dende celebracións familiares ata banquetes de alto copete, vodas, viños, cócteles e o que o cliente demande.
Doutra banda lembrar que Antonio Botana estará na semana que comeza por Pamplona participando como ponente no III Congreso Gastronomía e Saúde, onde en compaña de Antonio Muíños falará sobre “Presente e futuro das algas na gastronomía”.
© Copyright Miguel Vila Pernas.
Se desexa facer uso NON comercial destes contidos, soliciteo por correo electrónico
Si desea hacer uso NO comercial de estos contenidos solicítelo por correo electrónico





