Impresionante a imaxe ¿non si?. Pois este é un dos 1.350 alevíns de lumbrigante que técnicos da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia soltaron nestes días na costa de Lira, no concello coruñés de Carnota, no marco do programa de repoboación da especie que leva a cabo a consellería dende 2005.
Segundo explica a consellería nunha nota de prensa, estes lumbrigantes naceron entre os meses de decembro de 2007 e xaneiro deste ano.
Tódolos lumbrigantes liberados nas costas galegas (xa van 9.000) levan unha etiqueta magnética que permitirá o seu control e a realización de diversos estudos





