Tiven que ler dúas veces o titular de La Voz de Galicia para crer o que vían os meus ollos: Toñi Vicente detida por mercar vieiras ilegais.
Pasaron case 24 horas dende a publicación da nova (escribo esto ás 21,30 horas do 7 de setembro) e a falta de máis información levanos a facernos moitas preguntas.
¿Por que so se coñece o nome de Toñi Vicente se houbo oito detencións?
¿Quen o filtrou e con que obxectivo?
¿Porque se agardaron dous meses para desmantelar unha organización de tráfico de vieira ilegal tal e como din os xornais?
¿Búscabase unha detención “estrela” como a que se produciu?.
¿Onde detiveron a Toñi?. ¿No seu restaurante?, ¿En Ferrol como din algúns xornais?. ¿Cantas vieiras lle decomisaron?
¿Cantas vieiras sirve Toñi Vicente cada día no seu restaurante?
¿Paga a pena ir ata Ferrol para compralas (hai que di que alí foi detida) cando as tiña nunha empresa de Santiago?.
¿Era consciente Toñi do que estaba mercando ou é unha vítima máis?.
Son demasiadas preguntas para dicir nada máis. Deixemos pasar o tempo e que se aclaren as cousas. E que ninguén esqueza que Toñi Vicente é inocente mentres non se demostre o contrario.






